A Universidade da Coruña denuncia a delimitación do Camiño Francés

A institución apunta que a proposta da Xunta reduce a protección do contorno da vía

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A delimitación do Camiño Francés a Santiago que se aprobou o pasado mes de febreiro na Comisión Territorial de Patrimonio Histórico foi denunciada esta fin de semana pola Universidade da Coruña. O secretario da entidade, Carlos Amoedo, sinalou que a proposta, pendente da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta, atende máis a criterios de consolidación da ruta que se emprega habitualmente do que á autenticidade do percorrido histórico. Ademais, apuntou que o proxecto retíralle a protección a moitos terreos situados ás beiras deste roteiro, o que, ao seu ver, podería facer perigar a declaración do mesmo como Patrimonio da Humanidade.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Universidade da Coruña, Patrimonio da Humanidade