A delimitación que a Dirección Xeral de Patrimonio realizou do Camiño Primitivo a Santiago axústase á Lei. Asà o decidiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao desestimar os dous recursos contencioso-administrativos que presentaran varias entidades Foro do Camiño Primitivo. Segundo elas, a proposta aprobada pola Xunta vulneraba Lei 3/1996, de Protección dos Camiños de Santiago ao consolidar desvÃos da ruta por estradas e ocupacións irregulares da antiga vÃa. O Tribunal sostén nas súas sentenzas que esta Lei "non establece expresamente unha concreta metodoloxÃa de delimitación" e que o criterio histórico é só un dos que se deben ter en conta para oficializar a traza. Apunta ademais o carácter dinámico do Camiño ao longo do tempo e a competencia da Xunta para determinar cal é a vÃa oficial.
ADEGA, a Asociación Galega dos Camiños de Santiago, Lugopatrimonio, a Asociación A Espalladoira, a Asociación De Amigos do Patrimonio de Castroverde, o Padroado do Museo Comarcal da Fonsagrada e a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas interpuxeran en 2013 dous recursos á delimitación ao entenderen que o trazado recoñecido pola Xunta partÃa de criterios "fraudulentos e non obxectivos, no canto de teren primado os criterios establecidos na Lei dos Camiños de Santiago, como son a autenticidade ou a historicidade da traza histórica das rutas medievais".
Estas entidades, integradas no Foro do Camiño Primitivo, non recorrerán esta sentenza por careceren de recursos económicos para enfrontar un proceso deste tipo, pero anunciaron que
solicitarán a intervención da FiscalÃa en materia de protección do patrimonio cultural dos Camiños e denunciarán o caso ante a UNESCO e o Consello de Europa. Do mesmo xeito, anuncian que continuarán mobilizacións e actividades informativas a reclamar un recoñecemento da ruta histórica.
Para o Foro do Camiño, a sentenza apoia que o Camiño se convirta "nun simple roteiro turÃstico ou deportivo" que se "pode recrear ao gusto da administración á que se lle dá presunción de veracidade, con total impunidade".