Cultura anuncia a delimitación do Camiño Francés para este ano

Concellos de Lugo opóñense ás mudanzas do trazado polo seu territorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A delimitación do Camiño Francés chegará ao Consello da Xunta antes de que remate o ano. Así o anunciou o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen destacou a importancia deste proxecto para garantir a protección do contorno da ruta. A delimitación establece polo miúdo por onde pasa a Ruta Xacobea e as actuacións permitidas nas áreas que a circundan. A partir desta ferramenta poderá desenvolverse en 2011 o Plan Especial de Protección para a ruta, segundo adiantou o conselleiro. No entanto, os concellos de Triacastela, Samos e Paradela, xa anunciaron que alegarán ante o itinerario proposto por Patrimonio, que propón trazados alternativos á vía. Ao tempo, as zonas de protección propostas nalgúns tramos tamén lles parecen esaxeradas aos rexedores destes concellos. O prazo de alegacións está aberto ata o vindeiro 31 de outubro.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Lugo, Roberto Varela, Samos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares