Cultura presenta a delimitación do Camiño Inglés

Está aberto un prazo de dous meses para presentar alegacións á proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Mapa coa delimitación do trazado e ámbito do Camiño Inglés

Mapa coa delimitación do trazado e ámbito do Camiño Inglés

O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a incoación do procedemento de delimitación do Camiño de Santiago Inglés por parte da Consellaría de Cultura. O proxecto presentado abrangue tanto a variante que sae de Ferrol como a que baixa desde a Coruña cara a Compostela. A partir deste documento estableceranse con exactitude as áreas de protección que afectan a este plan patrimonial. Hoxe comeza o prazo de alegacións á proposta da Xunta. Esta é a terceira delimitación dunha ruta xacobea que se presenta, logo dos camiños Francés e Primitivo. Para comezos de 2013 a Consellaría anuncia a publicación dos expedientes correspondentes ao Camiño Portugués e ao Camiño Norte.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Camiño Portugués, Camiño de Santiago, A Coruña...