O Camiño Francés terá trazado oficial antes de que remate o ano

Comeza a fase de alegacións e o resultado deberá ser aprobado polo Consello da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En novembro de 1992, cando Manuel Fraga era presidente, iniciouse un proceso de delimitación do Camiño Francés. Catro anos despois, en 1996, entrou en vigor a Lei de Protección dos Camiños de Santiago que esixía definir ese trazado. Pero a día de hoxe o Camiño Francés, o primeiro itinerario cultural europeo, non ten aínda un percorrido oficial. Onte saía publicado no DOG a proposta de delimitación que cumprirá coas esixencias legais e permitirá protexer este trazado. Co anuncio ábrese o prazo de alegacións á proposta ofrecida pola Xunta, pero co “consenso con todas as partes implicadas”. A idea do goberno galego é aprobar ese trazado antes de finais desde 2010 e iniciar a redacción dun plan especial que protexa o itinerario.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Manuel Fraga, Goberno Galego

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos