O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde pola que se incoa a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa. O proceso, que determinará o percurso oficial e as áreas de protección correspondentes, implica cambios de importancia nesta ruta. Ata o de agora, o Camiño Norte converxÃa co francés en Arzúa, segundo recollen, entre outras fontes, o web do Xacobeo. No entanto, na proposta da Xunta as dúas rutas pasarÃan a encontrarse no concello de Santiago, nas proximidades do Aeroporto de Lavacolla, aÃnda que se recoñece unha variante que leva ata Arzúa. Comeza agora un prazo de dous meses de exposición pública no que se poderán presentar alegacións ao trazado proposto.