A Xunta finaliza a delimitación do Camiño Francés

Aprobou onte o seu percorrido no Concello de Santiago, pendente desde hai un ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobaba onte a delimitación do Camiño Francés ao seu paso polo Concello de Santiago. Con esta resolución remata a definición desta ruta xacobea no noso país, logo de que, hai case un ano, se publicase a definición do Camiño Francés no resto da comunidade. O acordo establece con claridade os espazos afectados por perímetros de protección na contorna da vía, e entrará en vigor logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Concello de Santiago, Xunta de Galicia