A agardada delimitación oficial do Camiño Francés a Santiago, unha ferramenta fundamental para a protección deste patrimonio, é finalmente unha realidade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os que recollen o percorrido da vÃa e mais a súa zona de amortiguamento ou de respecto desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o lÃmite do termo municipal do Pino. Os traballos teñen unha excepción no tramo entre o lugar de Amenal e o lÃmite do aeroporto de Lavacolla, no concello do Pino, onde está instalado un polémico polÃgono industrial por onde transcorre a vÃa.
Do mesmo xeito, tampouco se recolle a ruta no Concello de Santiago, para onde patrimonio anuncia un estudo especÃfico en colaboración co goberno municipal "para analizar de xeito integral a incidencia neste termo municipal das diferentes rutas xacobeas". A partir deste planeamento, a ConsellarÃa de Cultura anuncia que iniciará traballos de recuperación de tramos abandonados do roteiro e actualizará a sinalización do trazado oficial. Do mesmo xeito elaboraranse protocolos básicos de conservación.
A delimitación do Camiño Francés estaba xa prevista na Lei 3/1996 de protección dos Camiños de Santiago e é un instrumento fundamental para regular as actuacións de diversos tipos que se poden desenvolver na ruta e mais no seu contorno. A normativa afecta a construcións, cartelerÃa e todo tipo de elementos que se queiran instalar na ruta e que, ata o de agora, ao non existir un percorrido oficial, en ocasión se atopaban nun baleiro legal.
DOG coa delimitación do Camiño Francés.Do mesmo xeito, tampouco se recolle a ruta no Concello de Santiago, para onde patrimonio anuncia un estudo especÃfico en colaboración co goberno municipal "para analizar de xeito integral a incidencia neste termo municipal das diferentes rutas xacobeas". A partir deste planeamento, a ConsellarÃa de Cultura anuncia que iniciará traballos de recuperación de tramos abandonados do roteiro e actualizará a sinalización do trazado oficial. Do mesmo xeito elaboraranse protocolos básicos de conservación.