A Xunta abordará a candidatura de Ferrol e Cíes a Patrimonio da Humanidade trala Ribeira Sacra

Cultura reúnese co concello ferrolán e a Armada para avanzar na "redacción do documento"

21/9/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

Xunta, concello de Ferrol e Armada reuníronse onte na cidade departamental para dar pulo á candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade, como "Porto da Ilustración". A xuntanza tivo como obxectivo avanzar na definición do documento que será presentado á Unesco. Á finalización, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicou que trala presentación do novo documento da candidatura da Ribeira Sacra, a Xunta abordará tanto a de Ferrol como a das Illas Cíes.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Cíes, Ribeira Sacra, Román Rodríguez...