A Xunta comprométese coa candidatura do Ferrol da Ilustración á UNESCO

Ao longo dos vindeiros anos preparará o expediente desta candidatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba onte apoiar a candidatura do Ferrol da Ilustración a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O Goberno Galego desenvolverá ao longo dos vindeiros anos o expediente para que se valore esta proposta. Con este fin xa asinou un convenio coa Fundación Ferrol Metrópoli por un valor de 90.000 euros. De cara á candidatura, o proxecto inclúe traballos de catalogación de fontes documentais e bibliográficas, planimetría xeorreferenciada, estudos comparativos con bens culturais, edición de traballos monográficos e mais a redacción de plans directores de xestión.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, UNESCO, Documentais, Patrimonio da Humanidade...