O Consello da Xunta aprobaba onte a sinatura dun convenio coa Fundación Ferrol Metrópole para apoiar a candidatura da Cidade Departamental a Patrimonio da Humanidade. En concerto, o Goberno achegará 90.000 euros cos que se quere elaborar os informes necesarios para que a UNESCO tome en consideración esta proposta. Entre outras tarefas, avanzarase na catalogación de fontes documentais, nos planos xeorreferenciados, a comparación con bens semellantes ou a edición de monografÃas que apoien esta proposta. Ao tempo, Cultura anunciou que asumirá de xeito Ãntegro os traballos de recuperación da capela dos Remedios, que foi destruÃda polo lume en Ourense esta mesma semana.