Ferrol leva desde principios da década pasada tentando conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade. Un esforzo no que se levan investidas, segundo publica hoxe Diario de Ferrol 1.240.000 euros. Unha cantidade que se deriva da elaboración de diferentes expedientes xustificativos da convocatoria, asà como a constitución de diferentes sociedades (o Ciefal e a Fundación Metrópoli) e que foron achegados na súa maiorÃa polo concello ferrolá. Recentemente, o Consello da Xunta aprobou a sinatura dun convenio para que Ferrol Metrópoli (entidade na que participan varias entidades, entre elas o concello ferrolá) para “ordenación e catalogación” do material. En todo caso, tal e como apunta o citado xornal, malia o xa feito quedan números trámite, como o requisito imprescindible da creación dun órgano de xestión da candidatura que, dada a proximidade das eleccións, parece pouco factible de resolverse en breve. A constitución desa entidade é clave á hora da elaboración do informe que ha de valorar a UNESCO.