O Concello de Ferrol presenta o inventario de construcións e patrimonio histórico da ilustración da cidade

Catálogo de Ilustración

27/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
“Inventario e identificación do patrimonio histórico do Ferrol da Ilustración” é o título da publicación que presentou onte o Concello de Ferrol e que recolle a totalidade das construcións que se conservan desta época na cidade. O documento pretende ser un apoio á candidatura deste conxunto histórico a que a UNESCO o declare Patrimonio da Humanidade, e completa a información sobre os edificios do XVIII amosando tamén algunhas das obras máis destacadas do XIX, coma a antiga porta do estaleiro ou a porta do parque entre outros.

Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ferrol, Patrimonio da Humanidade, Galicia Hoxe, UNESCO...