Do tres ao vinte e sete de maio Ferrol analizará a importancia das construcións que se fixeron na cidade durante o perÃodo da Ilustración. Diferentes especialistas analizarán os sistemas de fortificación desta época, a enxeñerÃa do perÃodo e as iniciativas de protección sobre este patrimonio. Canda a estes encontros, poderá verse unha mostra de planos históricos da cidade. Na presentación deste evento, o colectivo Icomos, que asesora a Unesco na protección espazos con estas caracterÃsticas, anunciou que lle solicitará ao Ministerio de Cultura que inclúa a Base Naval da Cidade Departamental no programa de recuperación de bens industriais de interese.
Máis información en El Correo Gallego, en Diario de Ferrol e nos nosos arquivos