A Vía Nova dá un novo paso cara ao Patrimonio da Humanidade

A comisión de Cultura do Congreso pide que a Vía Nova entre nas candidaturas á UNESCO

13/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
25 lecturas | Compartido 0 veces
A terceira tentativa para que o Congreso dos Deputados impulsase a candidatura a Patrimonio da Humanidade para a Vía Nova tivo éxito. A Cámara Baixa aprobou solicitarlle ao goberno que apoie esta proposta, que deberá agora someterse ao referendo do Consello de Patrimonio Histórico no que se seleccionan as candidaturas que presenta España cada ano ante o organismo internacional. A Vía Nova leva xa anos impulsándose para obter este título, e un dos puntos fortes da súa candidatura é o feito de contar cun trazado internacional, xa que os máis de 300 quilómetros do seu percorrdido pasan por España e Portugal.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares