A Xunta creará en 2026 a figura dos "itinerarios culturais de interese autonómico"

Afectará a "trazados de especial relevancia para a difusión e promoción da cultura en todo o territorio"

  • ...ómico", orientada a dotar de recoñecemento legal "rutas que, sen contar cos criterios esixidos pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia para ser declarados Camiño de Santiago, si reúnen os requisitos necesarios para ser considerados relevantes e co...

Máis castros de a cabalo entre dúas épocas

Intervencións arqueolóxicas na Croa de Posmarcos, Teso da Ermida, Barbude e a illa de Tambo

  • Decembro está dando conta das últimas campañas arqueolóxicas do ano promovidas pola Consellería de Cultura. Desta volta, a intervención valorativa na Croa de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal) permitiu confirmar a existencia dun poboado fortific...

As últimas achegas do Ano Castelao

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades

  • A piques de rematar o Ano Castelao aínda quedan algunhas propostas que veñen engadir posibilidades de achegamento ao coñecemento da vida e obra do escritor, ilustrados e político rianxeiro. É o caso da exposición titulada 'Camiño ao Estatuto, ...

Novas voces critican as mudanzas na Lei de Patrimonio

A Plataforma de Profesionais da Arqueoloxía a e a Facultade de Historia da USC denuncian a transferencia de competencias aos concellos

  • ...A transferencia aos concellos de competencias sobre patrimonio cultural que establece a Lei de acompañamento aos orzamentos autonómicos continúa a erguer críticas. Despois do informe que presentou o Consello da Cultura Galega ao respecto, agora son a...

Nove autores galegos con obra na Biblioteca Nacional pasan ao dominio público en 2026

A BNE actualiza o seu listado de autores cos dereitos caducados e inclúe a galegos como Xosé Baña, Juan Tizón ou os compositores Enrique Lens e Manuel Prieto

  • Como xa é habitual cada final de ano a Biblioteca Nacional de España fai pública a actualización do listado de autores presentes nos seus arquivos cuxa obra pasa a dominio público ao cumprirse 80 anos do falecemento destes no ano 1945. Nun lista...

Premio José Sellier da Academia Audiovisual para AGAPI

Recoñécense o carácter pioneiro da asociación e o seu papel vertebrador do sector

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de entregar o XIV Premio José Sellier á Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), en recoñecemento á súa traxectoria exemplar, ao seu carácter pioneiro e á súa contribución decisiva á const...

A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas

A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores

  • A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria bienal de subvencións para proxectos de programación musical nas salas privadas que supón un cambio de modelo e deixa atrás a vinculación desta liña de subvencións á Rede ...

Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia

O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra

  • A Fundación Xosé Neira Vilas daba a coñecer este 10 de novembro o fallo do Premio Arume de poesía para a infancia. Paulino Peña Álvarez fíxose con este galardón pola súa obra Poemas con alas e recibirá un galardón de 1.000 euros en metáli...

Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea

A nova entidade nace da man de profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura

  • Cunha xornada sobre Sete séculos de creación literaria en galego , este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa...

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

  • A Sociedade Antropolóxica Galega ten xa nas librarías a entrega número 12 de Fol de Veleno . O Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza conta nesta ocasión con artigos que atenden desde á cultura do viño no Morrazo, da man de Rafael Quint...

O CDG presenta en Compostela Berenguela na gaiola

A montaxe é unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o FIOT de Carballo

  • A obra coa que Paula Carballeira gañou o Premio Manuel María de Proxectos Teatrais de 2024 chega a Compostela. Logo da súa estrea no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), Berenguela na gaiola preséntase ao público no Salón...

Andrés Rivas Rodís obtén a I Residencia ArtLab IGFAE

O artista disporá de 8.000 euros e dun espazo de traballo para desenvolver o proxecto Outro e sobre si

  • A I Residencia ArtLab IGFAE, que convocan o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e mais a Cidade da Cultura, xa ten gañador. O graduado en Belas Artes Andrés Rivas Rodís foi seleccionado para esta iniciativa polo seu proxecto Outro e sob...

Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

  • A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o pr...

Un xogo de té en coiro e cerámica gaña o Premio de Artesanía

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés

  • Unha peza elaborada de xeito colaborativo entre un obradoiro de cerámica e outro de coiro ven de facerse co Premio de Artesanía de Galicia 2025. O xogo de té en funda de coiro Nemein, creado entre o obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Mal...

A rehabilitación do Teatro Fraga custará máis de 20 millóns

Xunta e Deputación asinarán un convenio polo que achegarán este capital para as obras

  • O Consello da Xunta aprobou na súa primeira sesión de decembro asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra que levará a un investimento total de máis de 20,8 millóns de euros para completar a rehabilitación do T...

Os II Premios Manu Lago recoñecen propostas de novo circo

José Luis Rodríguez Kote obtivo o galardón á traxectoria

  • O Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollía este 30 de novembro a gala de entrega do II Premio Manu Lago de Novo Circo Galego. O Premio de Recoñecemento foi nesta xeira para José Luis Rodríguez Kote , "veterano artista de circo e figura i...

A industria musical entregou os seus primeiros galardóns

A Sala Capitol de Santiago acolleu o evento que reuniu ao sector

  • Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) reuniron onte na Sala Capitol de Santiago de Compostela a unha importante representación do sector musical a nivel artístico, técnico e e...

Cultura amplía a lista de embarcacións do Censo do Patrimonio Cultural

Son trece dornas, galeóns, traiñeiras e botes polbeiros

  • Trece embarcacións tradicionais matriculadas en Vilagarcía, Viveiro e A Coruña acaban de ser incluídas no Censo de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG. As embarcacións recibiron os preceptivos informes...

A conservación do patrimonio artístico contemporáneo a debate no CGAC

Preséntase o proxecto interdisciplinar 'Legados' e sitúase no contexto galego

  • A Fundación DIDAC presenta este sábado, en cooperación coa Fundación Gabeiras e co apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea a xornada 'Legados. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas'. Un encontro de profesionais de diferentes...

Sete espazos novos ábrense para a Semana do Patrimonio Invisible de Santiago

Poderán acceder en visitas guiadas gratuítas máis de setecentas persoas

  • A Semana do Patrimonio Invisible, que cada vez chega a máis cidades de Galicia é unha actividade que xa non necesita presentación, o seu éxito de participación é indiscutible e adoita quedar moitas persoas con ganas de máis e moitas portas int...