Como xa é habitual cada final de ano a Biblioteca Nacional de España fai pública a actualización do listado de autores presentes nos seus arquivos cuxa obra pasa a dominio público ao cumprirse 80 anos do falecemento destes no ano 1945. Nun listado e máis nun mapa interactivo poden consultarse os 154 nomes que este ano entran nesta situación e, de entre eles, poden atoparse nove nomes, todos de homes, de orixe galega e con obra dixitalizada na BNE. O conxunto é variado, tanto nas orixes territoriais coma nos propios perfÃs e a BNE permite o acceso directo ao catálogo de obras dispoñÃbeis de cada un deles.
Asà podemos atopar os nomes dos músicos e compositores Enrique Lens (A Coruña, 1854), de cuxa autorÃa a BNE dispón de numerosas partituras e algunhas gravacións e de Manuel Prieto (Tui, 1905), que en 1927 emigrou a Bos Aires, onde foi director dos coros da Casa de Galicia e outros grupos corais e do que a BNE garda un exemplar do libro 'Versos en gama de gaita' (Bos Aires : Edicións das Mocedades Galegas , 1943); figura tamén nesta lista de nove nomes o de José Canedo Grille (Tordoia, 1902), lingüista e orientalista, especialista no sánscrito, que publicou na revista Nós e foi amigo persoal de Vicente Risco. Engádese tamén nesta lista ao avogado, diplomático e polÃtico LuÃs RodrÃguez de Viguri (Santiago de Compostela, 1881), quen foi académico correspondente da Real Academia Galega.
A un nivel propiamente literario pasan a dominio público, as obras do poeta e articulista Xosé Baña Posé (Varilongo, 1872) e do franciscano Samuel Eliján (Leiro, 1876), prolÃfico escritor con 44 obras rexistradas na BNE, historiador con obras como 'Historia de Ribadavia y sus alrededores, 'Narraciones y leyendas de Oriente ;colección de lecturas recreativas sobre sucesos de las misiones de Tierra Santa' Barcelona, 1906) e poeta ('Mágoas. Versos gallegos' Santiago d C. 1913) que nalgunhas ocasións asinaba co pseudónimo de Fraysel. A Biblioteca Nacional tamén engade as obras de carácter histórico do militar e cirurxián Mariano Gómez Ulla (Santiago de Compostela, 1877) e dos autores de perfil activamente polÃtico Juan Tizón Herreros (A Coruña, 1975), autor do libro de relatos breves ' Espiando al diablo' ( A Coruña, 1925) e Antonio Ramos Varela, sindicalista ferrolán (Ferrol, 1903) detido e condenando primeiro a morte e despois a cadea perpetua polos golpistas fascistas en 1936, e que asinou o libro ' Un suceso en los arrabales ;estampa dramática en un acto' (Nos Ediciones "Resol", Santiago, 1933).