Como cada ano, a Biblioteca Nacional de España fai pública unha relación de autores nacidos en España cuxa obra pasa a ser de domino público ao transcorrer 80 anos desde o seu falecemento. A lexislación española ten este prazo establecido para os autores falecidos antes de 1987, mentres que para os posteriores o prazo é de 70 anos. O listado deriva da información dos catálogos da BNE, ou sexa que son autores dos que a propia biblioteca posúe obra catalogada, aÃnda que non sempre dixitalizada. Tras un proceso de estudio das entradas do catálogo de autores, a BNE sacou unha lista con 177 nomes, a procedencia provincial destas persoas, falecidas todas elas en 1942, permite atopar 12 persoas procedentes de Galicia entre as que hai escritores, dramaturgos, xornalistas, artistas e músicos.
Algúns dos nomes que destacan de entre estes doce son os do ourensán Cándido Fernández Mazas (1902-1942) artista vangardista que participou coas súas obra na Revista NÓS, humorista gráfico e crÃtico de arte e literatura; a pianista e compositora coruñesa Pilar Castillo (1985-1942); o xornalista lugués Antonio de Cora (1889-1942); o poeta e dramaturgo ourensán Xabier Prado (1874-1942) ou o de César Vaamonde Lores, mariño e historiador local, que foi arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega César. Alén deles a lista complétase cos nomes do poeta e xornalista Manuel Bernárdez; o catedrático de Historia Natural, botánico e entomólogo carballiñés Antonio GarcÃa Varela; o tradutor e sindicalista exiliado Ricardo Neira; o fotógrafo rianxeiro Xosé Pérez; José Portal Fradejas, que foi avogado, periodista, orador e polÃtico conservador; Ramón Salgado Toimil, mestre e pedagogo lugués; finalizando con José Augusto VentÃn Durán, empresario e escritor, autor da "FraseoloxÃa de Moscoso e outros materiais de tradición oral". Ao pasar as súas obras a dominio público, estas poden ser editadas, reproducidas ou difundidas publicamente.
Autores galegos no Listado do BNE que pasan a dominio público en 2023 (Documento Excel).Algúns dos nomes que destacan de entre estes doce son os do ourensán Cándido Fernández Mazas (1902-1942) artista vangardista que participou coas súas obra na Revista NÓS, humorista gráfico e crÃtico de arte e literatura; a pianista e compositora coruñesa Pilar Castillo (1985-1942); o xornalista lugués Antonio de Cora (1889-1942); o poeta e dramaturgo ourensán Xabier Prado (1874-1942) ou o de César Vaamonde Lores, mariño e historiador local, que foi arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega César. Alén deles a lista complétase cos nomes do poeta e xornalista Manuel Bernárdez; o catedrático de Historia Natural, botánico e entomólogo carballiñés Antonio GarcÃa Varela; o tradutor e sindicalista exiliado Ricardo Neira; o fotógrafo rianxeiro Xosé Pérez; José Portal Fradejas, que foi avogado, periodista, orador e polÃtico conservador; Ramón Salgado Toimil, mestre e pedagogo lugués; finalizando con José Augusto VentÃn Durán, empresario e escritor, autor da "FraseoloxÃa de Moscoso e outros materiais de tradición oral". Ao pasar as súas obras a dominio público, estas poden ser editadas, reproducidas ou difundidas publicamente.