Pasan ao dominio público as obras de catro autores galegos, entre eles María Vinyals

A Biblioteca Nacional de España sinala tamén a liberación de dereitos das obras de Indalecio Varela, Enrique Peinador e Gerardo Álvarez Limeses

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
María Vinyals y Ferrés  Fonte: 'Galicia', Revista Quincenal ilustrada nº7, 1906

María Vinyals y Ferrés Fonte: 'Galicia', Revista Quincenal ilustrada nº7, 1906

Como cada final de ano A Biblioteca Nacional de España, ven de facer pública a relación de autores que entran a formar parte do domino público pola caducidade dos dereitos das súas obras. De entre os 166 autores do catálogo da BNE cuxa obra queda libre, a causa do seu falecemento en 1940, hai catro nomes galegos. Entre eles destaca o de unha muller: María Vinyals (San Salvador de Soutomaior, 1875-1940), Marquesa de Ayerbe, escritora socialista e sufraxista coñecida como a Marquesa Vermella.

Ademais dela o dominio público alcanza desde este 1 de xaneiro as obras do musicólogo Indalecio Varela Lenzano. (A Coruña,1856); Enrique Peinador Lines (Pontevedra,1876), mecenas e promotor cultural que, como parte da Socidade dos Amigos de Galicia fixo do balneario de Mondariz un importante centro da cultura galega; e finalmente o poeta e escritor Gerardo Álvarez Limeses. (Pontevedra.1871), membro da saga dos Álvarez que tivo un destacado papel no desenvolvemento do Partido Galeguista durante a Segunda República e sufríu unha dura represión na posguerra. A BNE lembra que ao pasar as súas obras a dominio público, estas poden ser editadas, reproducidas ou difundidas publicamente.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional, Gerardo Álvarez Limeses, Segunda República, Pontevedra...