Como é habitual a primeiros de cada ano, a Biblioteca Nacional de España presenta a unha lista de obras dixitalizadas e postas a disposición libremente de autores cuxa obra pasa a dominio público co ano conforme á caducidade dos dereitos de autor ao cumprirse 80 anos do falecemento destes. En total a BNE pon a disposición dos usuarios a través da Biblioteca Digital Hispánica 1.033 obras de 137 autores, entre eles están 8 autores de orixe galega que pasan ao dominio público este ano. Entre as obras dixitalizadas pola BNE hai algunhas en galego, sendo a maioría publicacións en castelán. A lista de autores de Galicia está conformada polo escritor Lois Tobío Campos; o cura e agrarista Basilio Álvarez; o historiador, arqueólogo e político Federico Maciñeira; o médico e xornalista Lisardo R. Barreiro; o militar e estudoso da agricultura Valeriano Villanueva; o relixioso e Membro non numerario da RAG, César Abellás; a novelista, pintora e educadora de orixe vigués Jesusa Alfáu e o mariñeiro e sindicalista cangués Manuel Nores Sotelo. Todos eles faleceron no ano 1943, entrado dese xeito a súa obra no dominio público este 2024.
Entre os volumes dixitalizados e agora postos a disposición a través da biblioteca dixital da BNE hai volumes como 'Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia' (1890) de Lisardo R. Barreiro ou o libro de poemas 'Escumas e brétemas'(1923) do mesmo autor . tamén podemos atoparno texto dixitalizados de Basilio Álvarez como 'El cura rural' impreso en 1904; ou o tratado de Valeriano Villanueva ' Medios prácticos más eficaces de impulsar el progreso moral y material de Galicia y conservar las virtudes y corregir los defectos de sus hijos', publicado en 1918; dous dos libro dixitalizados escritos por Federico Maciñeira versan sobre San Andrés de Teixido, algo comprensible tendo en conta que foi ademais alcalde de Ortigueira, ou outro libro seu agora dixitalizado é 'Notable grupo de círculos líthicos y túmulos dolménicos de la cuenca superior del Eume', tratado de 1929. De Lois Tobío Campos, pai de Lois Tobío Fernández, a BNE dixitaliza obras poéticas como 'Rosiñas da terra' (1917) ou 'Colección de Cántigas da Mahía', unha reedición neste caso feita por Ediciós do castro en 1985.