Carlos Ares confirma expectativas con 'La boca del lobo'

O segundo disco do coruñés xa está en plataformas xirará por festivais de toda a península

  • ...mio MIN ao Mellor Álbum de Pop estatal por 'Peregrino' (BMG, 2024) situou ao artista coruñés Carlos Ares (A Coruña, 1997) nun foco de expectativas co que pode ser complicado seguir camiño. Pero o músico e produtor ven de sacar un segundo traballo co ...

A emerxencia lingüística centra o VIII congreso da Asociación Galega de Antropoloxía

O Instituto da Lingua Galega, en Santiago de Compostela, acolle o encontro este 6 de xuño

  • A Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) celebra este 6 de xuño o seu oitavo congreso baixo o lema A antropoloxía galega fronte á emerxencia lingüística: respostas e propostas . O Instituto da Lingua Galega, en Santiago de Compostela, aco...

Dous novos cancioneiros súmanse ás publicacións polo Día das Letras

Eu non canto por cantar e Cantigueiro de Compostela escolman diferentes composicións populares

  • A listaxe de publicacións vencelladas ao Día das Letras dedicado ás cantareiras non deixa de medrar. Desta volta, son dúas escolmas de cantigas tradicionais as que ven a luz arredor desta data. Da man de Fabulatorio, está a chegar ás librarías...

A RAG explora a invención contemporánea da tradición

Celebrarase unha xornada en Lugo o 4 e outra en Vigo o día 11 de xuño

  • Coa chegada do verán Galicia vive unha sucesión de festas de recreación histórica que en moitos casos suman xa varias décadas de celebración. A densidade de significados e visións sobre a Historia que nos revelan estas festas di moitos do que ...

A Deputación de Lugo publica un podcast sobre oralidade e música tradicional

O primeiro episodio de Folcast está dispoñible na rede

  • A conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentaba o pasado 18 de maio o primeiro episodio de Folcast . Xosé Gago e Branca Villares coordinan este podcast centrado na oralidade e na t...

Eladio y Los Seres Queridos danlle unha volta aos seus vinte anos de pequenos éxitos

Estrean novo disco no que revisan algunhas das súas cancións máis carismáticas

  • Un novo son para unhas cancións que marcaron unha traxectoria de vinte anos sendo unha das bandas do pop galego máis persoais, iso é 'B.S.O. 2005 - 2025' (Esmerarte Industrias Creativas), o disco que ven de sacar a banda Eladio y Los Seres Querido...

Frescura e experiencia nos Premios Martín Códax

O sector musical recoñece aos mellores proxectos musicais en vinte categorías

  • Os Premios Martín Códax da Música de Galicia atoparon gañadores un ano máis entre o aplauso de todo o sector no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta 12ª edición dos galardóns convocados por Músicas ao Vivo repartiu os seus vinte recoñecement...

A nova campaña no castro da illa de Ons confirma a densa ocupación do xacemento desde a Idade do Ferro

Aparece un novo tesouriño de 109 moedas tardoantigas

  • A nova campaña no castro de O castelo dos mouros, na illa de Ons, confirmou as sospeitas do equipo arqueolóxico de que a ocupación do xacemento estendeuse fóra das murallas en dirección ao mar e o lugar das factorías de salga e produción de p...

O Equipo Chaira e a nonaxenaria María da Vrea levan os premios Mestre e Mestra da Memoria 2025

Recoñecen a traxectoria e labor persoal ou grupal a favor da preservación da literatura de tradición oral

  • A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) vén de elixir a través do grupo de traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral as persoas distinguidas cos premios Mestre e Mestra da Memoria 2025, que veñen recoñecer a t...

O CDG coproduce con Monicreques de Kukas O carteiro de Ximaraos

O Salón Teatro, en Santiago, acolle este 28 de maio a estrea da montaxe

  • O texto co que Carlos Labraña obtivo o último Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil chega ás táboas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con Monicreques de Kukas, estrea este 28 de maio O carteiro de Ximaraos . O composte...

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado reúne a especialistas en arquivística

A salvagarda da memoria das artes escénicas centra a xornada este mércores na Coruña

  • A Sala de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña acolle este mércores o IIIº Encontro da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. A xornada deste ano centrarase na dificultade da arquivística nas artes escénicas. B...

A arte na busca dunha empatía global

A expandida Bienal de Pontevedra centra a súa espectacular programación nos conflitos bélicos e a busca da esperanza

  • A Bienal de Arte de Pontevedra volve tras quince anos de ausencia coa intención de ser "a máis global da historia". Entre o 21 de xuño e o 30 de setembro regresa coa súa edición número 32, que leva o empático lema "Volver a ser humanos. Ante a...

Cantareiras nas orixes da pintura costumista

Francisco Díaz-Fierros amosa unha das primeiras representacións das cantareiras galegas

  • O pintor asturiano Dionisio Fierros acudiu a Galicia desde Madrid en 1855 para atender os encargos de retratos da burguesía galega, pero en realidade tiña un propósito artístico máis ambicioso: representar por primeira vez, en grandes óleos, os...

Comunicación, cultura e acción exterior protagonizan o cuarto encontro Un país coa súa lingua

O Foro Participativo do Consello da Cultura Galega celébrase na tarde deste 27 de maio

  • A iniciativa Un país coa súa lingua. Foro Participativo , coa que o Consello da Cultura convida a reflexionar de xeito colectivo sobre a situación do galego, chega ao seu cuarto encontro na tarde deste 27 de maio. A partir das 16:30 horas, a sede ...

Falece o músico Emilio Cao

O arpista foi unha figura clave para entender a evolución da música galega desde a transición

  • Un novo golpe para a escena musical galega ven de chegar este luns co anuncio do falecemento de Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1953). O artista, unha figura esencial para entender a música en Galicia desde a transición, falecía onte na súa c...

A curta 'Curmán' acada catro galardóns en Cans

A obras de debut copan case todo o palmarés desta XXIIª edición do festival porriñés

  • O Festival de Cans pechou a súa XXIIª edición repartindo o seu palmarés nas diversas seccións de competición oficial e tras realizar as súas homenaxes a realizadores como Alfonso Zarauza e Daniel Sánchez Arévalo. A curta 'Curmán' foi elixid...

Abril Camino gaña o Premio Xerais de novela con Mulleres que viven xuntas

Érica Esmorís fíxose co Premio Merlín e Andrea Maceiras co Jules Verne

  • A editorial Xerais daba a coñecer este sábado 24 de maio o fallo dos seus premios de narrativa, dotados con cadanseus 10.000 euros. Abril Camino foi a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela coa obra Mulleres que viven xuntas , que se impuxo entr...

Conmoción pola inesperada morte de Piti Sanz

O músico falecía aos 58 anos de idade tras unha traxectoria prolífica no eido do teatro e o audiovisual

  • A mañá deste venres trouxo unha triste noticia avanzada por El Correo Gallego que conmocionou ao sector cultural ata o punto de facerse dura de crer: a morte do músico Piti Sanz aos 58 anos de idade. O seu nome era Vicente Luís Sanz Muñoz (Huelv...

O panorama musical diversifícase

O Premios Martín Códax revelan o maior peso do tradicional fronte ao folk e a consolidación das músicas urbanas

  • Con cifras de participación en aumento, as candidaturas dos XII Premios Martín Códax da Música revelan un panorama sonoro galego no que medra a diversidade. Tradicional, jazz e blues, orquestras de verbena, electrónica e músicas urbanas debilit...

As partes aínda non escavadas de Aquis Querquernnis saen á luz

Un estudo revela a "excepcionalidade" do forte para a detección de estruturas subterráneas

  • Un equipo de arqueólogos portugueses e españois encabezados por Tiago do Pereiro publicaron no novo número da revista científica Remote sensing as conclusións dunha prospección feita con xeorradar e magnetómetro no forte romano de Aquis Querqu...