Coa chegada do verán Galicia vive unha sucesión de festas de recreación histórica que en moitos casos suman xa varias décadas de celebración. A densidade de significados e visións sobre a Historia que nos revelan estas festas di moitos do que somos e como entendemos o pasado de Galicia. "A historia é algo máis ca un asunto erudito que se fai nos arquivos e nas bibliotecas. Tamén pode estar na rúa, e incluso pode ser transformada popularmente, non sempre de forma rigorosa, pero esta non é a cuestión que nos importa nestas xornadas", apunta o coordinador do programa e director da Sección de Historia, o académico Ramón Villares. "O que nos interesa é interrogarnos sobre como é vista e resignificada a historia na actualidade. Preocuparnos por estas festas que apelan a unha tradición, pero que non son tradicionais, é tamén unha forma de educar, de chamar a atención sobre o feito de que a historia serve para entender non só o presente, senón o futuro a través do pasado". As xornadas celebraranse o dÃa 4 de xuño no Museo Provincial de Lugo (17.30 horas). O historiador da Universidade de Santiago de Compostela José Carlos Sánchez Pardo, natural de Lugo, será o encargado neste encontro de profundar no Arde Lucus; e Anselmo López Carreira, especialista en historia medieval de Galicia, falará sobre a Festa de Istoria de Ribadavia. O mércores 11 de xuño celebrarase a segunda sesión en Vigo, na Casa Galega da Cultura, tamén ás 17.30. co catedrático da Universidade de Vigo Luis MÃguez e o xornalista, profesor da USC e divulgador Manuel Gago. MÃguez afondará no caso da festa da Reconquista de Vigo e Gago ofrecerá unha intervención sobre a RomarÃa Vikinga de Catoira. Todas as sesións son de entrada libre e poderán seguirse tamén en directo en academia.gal.
A RAG explora a invención contemporánea da tradición
Celebrarase unha xornada en Lugo o 4 e outra en Vigo o dÃa 11 de xuño
