Cada vez son máis as localidades que inclúen nos seus festexos de verán unha ou varias xornadas dedicadas á recuperar a historia do lugar. Á Festa da Istoria sumáronse moitos outros eventos que aúnan cultura e diversión. Para esta fin de semana atopamos romanos e castrexos en Celanova, un mercado medieval en Ferrol, e unha xornada gastronómico-histórica en Maceda. Por se fose pouco, A Coruña voltará a sufrir o ataque dos ingleses coma no século XVI.
Unha de romanos (e castrexos)
Celanova voltará esta fin de semana ata o ano 132 antes de Cristo para rememorar o tratado de paz que naquel ano asinaron o habitantes da zona, os coelernos, cos invasores romanos e que aínda hoxe se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial. Así, os habitantes da vila vestiranse de novo como naquela época e gozarán de festa coa escenificación do "Pactum Hospitum", unha cmoida castrexa e un Folión que comezará ás nove da mañá do sábado cunha alborada na que participarán trinta e cinco clanes que agrupan a máis de oitocentas persoas. Este é o terceiro ano que se realiza esta festa, que cada ano conta con máis visitantes. O Concello porá a disposición dos foráneos un espacio de acampada no Pabillón Polideportivo, e só aqueles que acodan vestidos de época poderán participar no banquete castrexo. Para a vindeira fin de semana haberá outra de romanos en Xinzo coa cleebración da Festa do Esquecemento, que conmemora o cruze do río Limia polos romanos.
Comer e comprar na Idade Media
Unha feira con ambientación medieval é o que ofrece Ferrol coa organización da Cidadela Medieval Ferrolterra, Eume e Ortegal que se inaugura na tarde do sábado no recinto ferial de Punta Arnela. Serán cinco mil metros cadrados no que haberá cen postos de venda de artesanía e de productos de alimentación. Admeais, haberá saltimbanquis, malabaristas, magos e músicos para animar a xornada. Tamén se poderá gozar da comida medieval os días once, trece e catorce ou alugar un disfraz para ir acorde co ambiente. A organización agarda superar os vinte mil visitantes da anterior edición.
En Maceda tamén voltan á idade media, e fanno integrando a celebración histórica e a gastronómica, celebrando un producto tan destacado coma o leitón. Pero non todo srá comer, tamén haberá desfile de nobres e artesásn, representarase un xuízo por bruxería, sairán os felos do entroido á rúa e celebrarase un torneo mediveval. Por suposto, tamén haberá baile.
Veñen os ingleses
A Coruña é a cidade que estes días fai unha viaxe máis curta ó pasado. O domingo voltará ata o século XVI para lembrar o ataque inglés á cidade no que se faría famosa polo seu valor María Pita. A representación da batalla realizarase na dársena da Mariña, a cargo de estudiantes de interpretación. Ademais haberá abondosos efectos de luz e son que servirán como aperitivo para os fogos artificiais. A Cidade Herculina xa celebrou a pasada fin de semana un mercado medieval con notable éxito de público.