Con cifras de participación en aumento, as candidaturas dos XII Premios MartÃn Códax da Música revelan un panorama sonoro galego no que medra a diversidade. Tradicional, jazz e blues, orquestras de verbena, electrónica e músicas urbanas debilitan o peso dos xéneros ata o momento maioritarios.
Unha participación crecente, que continúa a dinámica das dúas últimas edicións e supón a terceira cifra máis alta na historia marca os XII Premios MartÃn Códax da Música Galega. O total de 446 proxectos musicais presentados sen contar as candidaturas aos premios Organistrum, amosan un panorama máis musical máis variado, no que perden peso rock e pop e onde se deixa notar cada vez con máis forza a importancia da electrónica e dos sons urbanos, acompañados tamén dun crecemento do tradicional e do jazz.
Segundo recoñece Manu Alonso, xerente de Músicas ao Vivo, "estamos en cifras case como as do primeiro ano dos premios, que fora o que establecera a maior marca, con máis de 500 proxectos inscritos e 50 incorporacións desde 2024" a contar as candidaturas aos Premios Organistrum. A falar dos proxectos estritamente musicais, a cifra queda en 446 propostas que se reparten nos diferentes estilos en competición. Encol dos motivos que poden estar detrás do interese do sector polos premios, sinala que "abrir as votacións ao público o ano pasado puido incentivar a máis grupos a se inscribir, pero sempre depende un pouco de como colla cada ano a convocatoria a cada proxecto".
O rock perde peso
Encabezan a participación as candidaturas de Rock e Punk, aÃnda que pasan de representar o 17,44% do total a só un 13,2% no que é o maior descenso do ano. As 12 propostas que perdeu a categorÃa resultan aÃnda máis destacadas se temos en conta que a maior parte dos estilos viron incrementos nas súas cifras. Esta diminución racha a tendencia ascendente que o xénero mantiña desde 2022, ano en que marcara o mÃnimo a aglutinar só 10,57% das propostas. Relativiza Alonso esta perda de peso, a lembrar que "con Pop e Indie continúa a ser a categorÃa que conta con máis inscricións. Hai tanta oferta nestes ámbitos que resulta inevitable que as cifras vaian flutuando nos diferentes anos". Pop e Indie mantén a súa participación nun 13,6, unha décima por cima de 2024, e, malia ao estancamento, é o único dos tres xéneros máis seguidos que non baixa. Continúa tamén o devalo da Canción de Autor/a na convocatoria, que cun 8,5% achégase ao mÃnimo da súa presenza nas candidaturas (o 8,2% de 2021) e continúa no terceiro posto das máis representadas, ao que descera en 2024.
´
Máis diversidade
En total as tres categorÃas con máis participación suman un 35,4%, un importante descenso fronte ao 41,27% da anterior edición, no que se incrementara o seu predominio. A explicar este maior reparto das inscricións entre as distintas categorÃas, Alonso apunta que "estes anos estamos a facer un esforzo importante para axudar a xente cando se inscribe a escoller a categorÃa máis acaÃda para cada proxecto. Deste xeito aumentou a categorÃa de Blues, Funk e Soul, que antes ao mellor quedaba máis diluÃda entre outros xéneros".
Tamén o espazo de Músicas do mundo e mestizaxe diminúen a súa pegada no panorama sonoro do paÃs a continuar o devalo das últimas dúas xeiras dos galardóns e ficar nun 6,1% das propostas. Pasa asà do seu habitual cuarto posto ao sexto como xénero máis interpretado. Vese superada deste xeito polas propostas de Electrónica (6,7%) e mais Hip-hop e Músicas Urbanas, que acada un 6,3% das propostas. Mesmo sen conseguir avances espectaculares, os dous estilos reafirman a súa presenza ante a mingua das candidaturas tradicionalmente maioritarias e acadan situarse, respectivamente como a cuarta e a quinta máis seguidas no paÃs. Encol desta consolidación, o xerente de Músicas ao Vivo advirte que "seguramente a dinámica sexa que ano tras ano continúen a subir estas categorÃas. Cada vez vese xente máis nova a apostar por ela, en particular polo Hip-Hop e Músicas Urbanas".
Jazz e tradicional
Destaca tamén nesta xeira o avance do xénero Jazz e Músicas Improvisadas, que suma case un 1,7% e acada o 5,8% das candidaturas. Esta ruptura da súa tendencia descendente permÃtelle á categorÃa ascender do posto undécimo ao sétimo con maior seguimento. "Estamos moi contentos por esta suba. Sabemos que Galicia é unha potencia estatal neste estilo e que existen moitos proxectos, pero é unha categorÃa particular, co seu propio circuÃto e as súas propias dinámicas que ás veces non axudan a que se visibilice", lembra Alonso.
É de salientar tamén o incremento das apostas polo Tradicional, que continúa o seu ascenso dos últimos anos e sobre do 4,67 a un 5,8% dos proxectos, a trocar o posto décimo polo oitavo e superar por vez primeira ao folk como estilo máis practicado no ámbito da raÃz. Da mellora nesta categorÃa, Alonso apunta que "non sei se achacarllo ao DÃa das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, pero desde logo é unha categorÃa que está a coller forza nos últimos anos e que vai medrar máis no futuro". O Folk, pola súa banda, descende un punto logo da importante recuperación que vivira en 2024. A suma dos dous xéneros en 2025 dá unha suma de 11,2%, un leve incremento respecto ao 11,06% de 2024 que semella amosar un trasvase entre as propostas máis vencelladas á tradición.
Entra a verbena
No entanto, aÃnda que no fondo da táboa, o maior crecemento é o que experimentan as Orquestras e Grupos e Música de Verbena, que ascenden desde só o 1,97% das candidaturas a un 4,48%. Superan asà mesmo as propostas de Música Infantil, que reducen a súa presenza a un 4,3% malia a incrementar lixeiramente a participación, e descenden ao penúltimo posto de estilos en canto a seguimento. Cun descenso a ter en conta (1,3% puntos porcentuais) Metal e Heavy perden postos e pasan de quinta proposta con máis seguimento no paÃs ao décimo posto. AÃnda que nos últimos anos a categorÃa estaba a sumar seguimento nas candidaturas, a pouca distancia que existe entre as candidaturas fai que se dea unha alta volatilidade dos postos da parte media da táboa entre edición e edición.
As Bandas de Música, cun 3,6% recúan dous postos e quedan como o estilo con menos seguimento nesta xeira, movidas polo crecemento de Blues, Funk e Soul (1,7 puntos máis, ata o 4,9%) e das Orquestras. O ascenso de participación neste último ámbito é celebrado en Músicas ao Vivo, xa que o colectivo era consciente dos problemas que historicamente tiveron os premios para conectar con este colectivo. "É algo que nos congratula, porque nos resultaba bastante complicado chegar ao sector. É certo que na actual de edición non son todo orquestras ao xeito tradicional, hai moitos grupos de versións e propostas alternativas, que, sen ser estritamente de verbena, si están a coller parte dese espazo. Nas tradicionais tamén se incorporaron nomes novos ás candidaturas, pero en xeral vese unha mestura de proxectos moi diferentes".
Orixes diversas
Encol da orixe das candidaturas, A Coruña, con 186 proxectos (o 41% dos inscritos) empata con Pontevedra como provincia de orixe da maiorÃa, cun crecemento de 9 puntos a respecto do ano pasado. Tamén hai movementos no interior, xa que Lugo substitúe a Ourense como terceiro territorio máis representado da comunidade, a achegar o 7,2% das propostas. Como curiosidade, diminúe nesta ocasión a cantidade de inscricións do estranxeiro, que baixan de 7 a 4, e increméntanse pola contra as de orixe estatal, que ascenden de 5 a 11.
Por cidades, Vigo reafirma o seu liderado como localidade de orixe de máis propostas na nova convocatoria dos Premios MartÃn Códax. Con 77 proxectos, unha cuarta parte das candidaturas proveñen da Cidade OlÃvica, fronte aos 73 da anterior xeira. Medra tamén case un punto A Coruña (19,8% das propostas) mentres Compostela mantén o terceiro lugar cun descenso da súa presenza do 18,6 ao 16,4%. En total as sete cidades galegas suman o 81,4 das inscricións fronte ao 79,8 da anterior xeira. Os movementos danse no ámbito das vilas, onde Cangas reivindica o seu panorama musical e sitúase co 2,3% das propostas a só 1,1 puntos de Ferrol.
A radio reafÃrmase
Nos premios a proxectos de difusión musical destaca por segundo ano o crecemento de iniciativas radiofónicas. Sete puntos máis deixan este tipo de propostas nun 33% do total, o que supón de novo unha mingua, ata o 65%, dos espazos de comunicación que teñen a rede como principal soporte. Cómpre ter en conta que en 2023, estes supuñan o 81% das inscricións nesta categorÃa. O apartado televisivo conta coa única representación de Recollendo músicas, de AGalega. "Nos espazos e comunicación, que son normalmente os primeiros en se apuntar, entendo que se está a afianzar o panorama", sinala Alonso. Encol do crecemento das propostas radiofónicas vencéllao "ao formato dos podcastas que están a ter bastante éxito. Hai propostas bastante heteroxéneas nese apartado", recoñece.
O xerente de Música ao Vigo tamén salienta o incremento de participación de Salas e Festivais nos Premios Organistrum. "Nos festivais continúan a faltar os de referencia, que non sabemos por que non se apuntan, pero continúa a ser interesante para nós pór e valor e visibilizar os novos espazos para a música galega". Neste apartado destaca o importante crecemento do peso de Ourense, que incrementa en 10 puntos porcentuais a súa presenza e achega o 26% das propostas, empatada coa Coruña. Isto provoca unha importante reordenación da distribución provincial destes eventos, e aÃnda que Pontevedra continua como territorio máis representado, a súa presenza baixa ao 31% dos eventos fronte ao 44% do ano pasado. Dous festivais permÃtenlle a Lugo aparecer de novo nas candidaturas desta categorÃa, mentres fóra do paÃs continúa o EmigraSons de Bruxelas como único candidato. En canto a salas, non recuperan o número de inscricións e só soben en 1, ata 9, as propostas de 2025. A provincia da Coruña concentra 8 das candidaturas, coa Cidade Herculina a encabezar a listaxe con 3 propostas, seguida con Ferrol, que suma 2. Melide, Pontedeume, Mos, Pontevedra e Santiago completan unha listaxe da que están ausentes as provincias de Lugo e de Ourense.
Propostas de futuro
AÃnda que o maior reparto de participación afasta a sensación de que existen categorÃas que non acaban de funcionar, en Músicas ao Vivo non descartas futuras modificacións na convocatoria. "Todos os anos imos vendo como funcionan e se cómpre mudar algo. Para vindeiras edicións estamos a pensar en recuperar a de Coros e Música Vocal", que desaparecera en 2023 logo de ficar deserta o ano anterior. "Queremos facer un esforzo para contactar previamente agrupacións deste tipo, de xeito que canto a implantemos se cumpran uns mÃnimos de participación. É certo que é un ámbito con proxectos moi diferentes, algúns máis profesionalizados que outros, aos que lles pode custar ter cousas gravadas con certa calidade para participar".