Os conxuntos galegos están a abandonar o pop e o indie, ao tempo que vivimos unha importante eclosión de cantautores. Cando menos, asà o revelan os datos das candidaturas aos Premios MartÃn Códax da Música. Toda unha instantánea do noso panorama musical que se artella a partir dos datos que achegan os propios grupos que se inscriben neste certame.
A terceira xeira dos Premios MartÃn Códax da Música continúa a se presentar como unha importante fonte de datos sobre este sector. Os 396 grupos que aspiran a un destes galardóns amosan un incremento de participación a respecto das 360 candidaturas do pasado ano. A estes hai que sumar aÃnda as categorÃas de salas, medios e festivais, que deixan unha cifra de 448 proxectos. Mesmo sen acadar as impresionantes cifras da primeira convocatoria, cando se rexistraran 521 conxuntos e solistas, estas cifras achégannos de novo unha instantánea do noso panorama sonoro actual. Non debemos esquecer que son os propios grupos e solistas os que se inscriben nesta convocatoria e achegan os datos sobre o seu traballo.
Participación
Segundo sinala Xosé Lois Romero, vogal da asociación Músicos ao Vivo que organiza estes galardóns, as cifras "son para nós un grande éxito, mesmo a saber que fican moitas cousas fóra. En total, son case cen iniciativas máis do que o pasado ano, o que amosa un abano variado e bastante representativo da música en Galicia. Advirte, no entanto, que "hai que entender os premios como un proceso no que moita xente pode non se sentir partÃcipe. Haberá quen non comparta o proxecto ou quen considere que non ten nivel abondo". Neste sentido, destaca a aparente baixa participación nas categorÃas de orquestras e de música tradicional. "É algo que cómpre traballar", recoñece Romero. "Son dous ámbitos moi activos e cunha personalidade importante, e poida que non se identifiquen os premios como propios. En todo caso é algo motivador e que convida a seguir traballando".
Caen os clásicos
A teor dos datos das candidaturas presentadas, verifÃcase que diversidade continúa a medrar no panorama sonoro galego. Se xa o pasado ano apuntabamos a mingua de propostas que se definen nas categorÃas de Rock e mais de Pop e Indie, esta edición pon en dúbida a preeminencia destes xéneros. AsÃ, se na primeira xeira destes galardóns as dúas categorÃas, co rock á cabeza, sumaban o 34.1% das propostas rexistradas, na segunda xa só eran o 26,5%, e nesta terceira edición fican no 24,6%, con 95 proxectos. Dentro destes estilos o rock mantén a súa porcentaxe aproximada do 15% e 60 conxuntos, de xeito que é o Pop/Indie o que sofre un descenso de preto de dous puntos. Pero é que, ademais, os cantautores arrebátanlle o segundo posto. Este estilo, que se incluÃu por vez primeira nos galardóns na pasada edición protagoniza o máis destacado crecemento do ano, ao pasar do 9,4 ao 12,4% das propostas, nada menos que 48 inscricións. Tamén é de destacar o forte debut das candidaturas de coros e músicas vocais, que aparecen nesta terceira edición con 21 conxuntos, nada menos que o 5,4% de todas as presentadas, por diante doutras xa habituais como o metal (4,8%), o reggae (3,3%) ou o hip hop (2,8%).
Os bloques do rock e da raÃz
A falarmos das propostas maioritarias entre as nosas bandas e solistas, o bloque do rock, a incluÃrmos o metal como parte deste xénero, supón o 20% das propostas desta edición, malia ao descenso deste último estilo. Pola súa banda a música de raÃz, a sumar as categorÃas de folk, música tradicional e mais músicas do mundo, reúne o 17,9% dos proxectos. Deste xeito, as dúas sumas continúan a se manter como os grandes bloques musicais do paÃs, con porcentaxes moi semellantes aos do pasado ano. Dentro do segundo grupo, aparece un fortalecemento do folk, que pasa a ser a cuarta categorÃa con máis inscritos (o 7,8%) fronte ás músicas do mundo, que ocupaba ese posto o pasado ano e que perdeu case tres puntos ata ficar co 6,5%.
Devalo do pop e do hip-hop
A ollarmos os datos das tres edicións celebradas, compróbase o acusado descenso de proxectos de carácter pop e indie neste perÃodo, ao pasaren do 15,5% do primeiro ano a só o 8,8% desta nova xeira, case a metade. A tendencia é similar no campo das músicas do mundo que acumulan 5,6 puntos de descenso desde o 11,9% da primeira xeira. A electrónica, que pasou do 6,9 ao 4% dos proxectos, ou o hip-hop, que mesmo a moderar o seu descenso pasou do 5 ao 2,8% dos proxectos nestas tres edicións, son outros estilos que amosan claros descensos. Máis a modo, as orquestras e o folk tamén están á baixa, con minguas lixeiras mais continuadas. Pola outra banda, e alén do incremento dos cantautores e do potente debut das corais, é a música infantil a que está a amosar un crecemento continuado máis claro, xa que pasou do 3,3 ao 5,6% das propostas nestas tres xeiras. O blues, con dúas convocatorias ás costas, presenta tamén un lixeiro crecemento, mentres outros xéneros como clásica ou o metal teñen comportamentos máis irregulares.
Fenómeno atlántico e urbano
Algo que se desprende dos datos de candidaturas desta nova edición dos premios é que a música, ao igual que moitas outras manifestacións culturais e que a propia poboación do paÃs, concéntrase na franxa atlántica. As cifras de grupos, salas, festivais e medios de comunicación amosan ás claras que son as provincias da Coruña e de Pontevedra as que teñen un maior peso no sector musical galego. Deste xeito, en canto a proxectos musicais, as dúas provincias occidentais concentran 90,8% dos inscritos, 189 da Coruña e 170 de Pontevedra. Por cidades e vilas, as orixes dos grupos e solistas confirman a preeminencia urbana do fenómeno musical no paÃs. Vigo, con 88 proxectos inscritos, encabeza a listaxe, seguido da Coruña, con 53, Compostela, con 52 e Pontevedra, cidade da que se inscribiron 30 participantes.
Os lugares: salas
En canto ás categorÃas que se inscriben nos premios Organistrum, que recoñecen o traballo de salas, festivais e medios de comunicación, tamén se detecta un certo incremento de participación. AsÃ, desta volta son 17 salas, fronte ás catorce do ano pasado, e 24 os festivais que optan aos premios, tamén tres máis do que na anterior edición. No entanto, a falar de medios de comunicación, a participación baixa de 18 a 15 inscricións.
No caso das salas, repÃtese a tendencia cara ás provincias occidentais, xa que 14 das 17 inscritas se manteñen neste territorio. No entanto, destaca a maior dispersión entre localidades fronte á orixe dos grupos. AsÃ, A Coruña, Compostela e Vigo achegan cadansúas dúas salas por cidade, mentres Ferrol suma unha e as demais repártense por vilas e aldeas. Baiona, Bueu, Laxe, Melide, Nigrán, O Barco, Pontecesures, San Vicente do Mar (O Grobe), Vilar de Santos (coa Arca da Noe como finalista), VilarodÃs (Arteixo) e VilagarcÃa completan este mapa de espazos cun espazo cada unha. No entanto, hai que ter en conta que non son estas, nin moito menos, todos os espazos que existen no paÃs con programación de música ao vivo, e mesmo chega a sorprender a ausencia nas candidaturas de propostas clásicas como La Iguana (Vigo), a Sala Karma de Pontevedra ou propostas alternativas cunha intensa programacións como son Nave 1839 da Coruña, ou o Liceo Mutante, tamén da Cidade do Lérez.
Os lugares: festivais
A falar de festivais, o 75% dos presentados está tamén na Franxa Atlántica, con 11 eventos da provincia e Pontevedra e 7 da Coruña, e de novo se detecta a ausencia das citas máis multitudinarias que se desenvolven no paÃs. Debemos ter en conta, no entanto, que esta categorÃa contou con 24 eventos inscritos, o cal supón unha pequena porcentaxe de todos os que se celebran na nosa xeografÃa, polo que a mostra pode non ser representativa. En xeral, semella que nas votacións e nas candidaturas está a se visibilizar o traballo de festivais e de salas que apostan nunha maior medida por grupos galegos, fronte aqueloutros eventos e espazos que teñen un maior peso foráneo na súa programación. Segundo sinala Romero, "Penso, a ver os finalistas, que hai unha grande valoración da sensibilidade local e da proximidade dos proxectos. Non se trata de grandes festivais nin de grandes programas, e isto paréceme algo moi interesante. Quizais ao ser Galicia un sitio pequeno e ao non termos acceso a grandes medios, os músicos reaccionamos e pomos en valor esa proximidade".
Avance multimedia
En canto a medios de comunicación, os datos amosan que son a radio e a rede os principais soportes que empregan os espazos dedicados á música. Entre os dous suman o 81,3% das 15 categorÃas que aspiran a este galardón. A radio, con case o 44% das propostas, continúa a ser o principal altofalante dos grupos e solistas galegos. No entanto, destaca a importancia que están a coller os proxectos multimedia, a entendermos nesta categorÃa as propostas de La Rockipedia e Maketón, que integran radio, televisión e web, e mais o programa da TVG Musigalité, que fai unha forte aposta polos contidos na rede. Resulta rechamante a ausencia de medios escritos nestas candidaturas.
Variedade e reivindicación
A valorar o xeito no que se van configurando os premios ao longo destas tres edicións, Xosé Lois Romero apunta que "se observa unha grande variedade nas candidaturas. Temos xente con transcendencia a nivel estatal como Xoel López que sempre se inscribe, proxectos novos, profesionais e amadores. Eu doulles moito valor no sentido de que non é algo sectario nin circunscrito a un nivel de actividade concreto. Se tocas ao vivo, podes estar". Dentro desta variedade, "estamos a descubrir que non se repiten os gañadores ano tras ano, que é un medo que podiamos ter. De xeito natural vense que novos proxectos collen protagonismo, isto é san e amosa unha importante madurez na xente que vota". De cara ao futuro "o obxectivo non é tanto que estean inscritos todos os grupos do paÃs, pero si que se considere esta como a celebración dun gremio e que se poidan conseguir cada anos melloras nesta actividade. Detrás dos premios hai unha reivindicación clara e firme, a de que existe unha actividade musical brutal, con xente que lle dedica moitas horas e que viven case na alegalidade porque non existe unha regulación axeitada para esta actividade".