O pop e rock recuperan a súa importancia no panorama sonoro galego. En paralelo, increméntase o número de proxectos que apostan polas músicas do mundo. Un ano máis repasamos as tendencias no sector musical do paÃs a partir das candidaturas aos Premios MartÃn Códax da Música, a maior base de datos actualizada sobre este ámbito.
Non son todas as propostas musicais activas no paÃs, pero os 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21 medios de comunicación que fan parte das candidaturas aos IV Premios Galegos da Música continúan a supor unha mostra representativa dos movementos que se están a dar neste sector en Galicia. Os 449 proxectos que se inscribiron para optar a estes galardóns suman un máis do que na anterior edición, aÃnda que a falar unicamente de grupos e solistas detéctase un descenso de dez inscricións a respecto da mesma. Debemos ter en conta que esta é a primeira ocasión en que non se poden presentar iniciativas que resultasen premiadas na última xeira, o que inflúe nesa baixada. Ademais desa novidade, á hora de analizar os datos que nos fornece esta listaxe hai que se decatar de que, logo da primeira edición, foron aparecendo novas categorÃas (Blues, Canción de Autor e Grupos Vocais, esta última con só dúas xeiras en marcha) que absorberon parte das inscricións que antes Ãan a outros estilos.
De calquera xeito, os galardóns encaran a súa cuarta edición como un referente na escena musical do paÃs e con cifras de participación estables. Se acaso, ao igual que en anteriores ocasións, o reto continúa a ser chegar a ámbitos da música que manteñen escasa representación. Segundo recoñece Fernando Abreu, membro da Xunta Directiva de Músicos ao Vivo, a entidade que convoca o certame, “pensamos que os premios están consolidados, aÃnda que dentro segue a haber categorÃas que non son representativas do que existe na realidade, como é o caso da música tradicional ou das orquestras”. De xeito xeral, “entendo que moita xente non se queira presentar porque temen non saÃr elixidos ou mesmo porque non lles interesa entrar neste xogo de premios e prefiren centrarse en facer a súa música”, explica. “É certo que calquera premio é en por si inxusto e deixa sen recoñecer a moita xente boa, e iso sempre pode botar para atrás á hora de se inscribir”.
O pop e o rock medran
As candidaturas que se presentaron aos galardóns amosan que os xéneros maioritarios recuperan a súa preeminencia no panorama musical fronte a propostas alternativas. AsÃ, nesta cuarta edición medra o número de proxectos que se inscribiron nas categorÃas de Pop/Indie e de Rock. De feito, de entre todos os estilos presentes, son estes dos que máis incrementaron a súa presenza a respecto do pasado ano. Os proxectos Pop pasan do 8,8 ao 12,1 por cento dos inscritos, a ser os que que máis medran, mentres o Rock sobe do 15,2 ao 17,5%. Deste xeito, os dous estilos volven representar un terzo do panorama sonoro do paÃs, fronte á cuarta parte que supuñan en anteriores edicións. “CategorÃas como o pop e o rock están moi ben representadas”, explica Abreu. “Penso que a xente destes ámbitos entende a filosofÃa dos premios e preséntase por lle dar visibilidade aos seus proxectos. E entón cada vez aparecen máis propostas, tanto consolidadas como novas. No fondo isto reflicte tamén o tipo de socios. En Músicos ao Vivo hai moita xente de pop, rock ou jazz, que son tamén os estilos que están máis expostos a un sistema de traballo máis profesionalizado. Na música tradicional ao mellor hai outro xeito de facer as cousas e non son tan conscientes da importancia da asociación”.
Canda a eles, as Músicas do Mundo recuperan tamén posicións nesta nova xeira dos premios, e pasan do 6,3 ao 9%. “Esta categorÃa está a actuar un pouco como un caixón de xastre onde entra o que non encaixa noutras, e acaba por ser a máis variada”, lembra este músico. Tamén recobra levemente inscricións a categorÃa de Música Electrónica, cun 1,5% máis que a leva a igualar o nivel de 2014 co 5,4% da participación.
Menos variedade
Fronte a estas, tres categorÃas perden peso no panorama musical de 2017. O descenso verifÃcase de xeito especialmente intenso entre os cantautores, que o pasado ano se situaran como segundo estilo con máis proxectos, e agora pasan do 12,1 ao 9.8% para retornar á terceira posición. As corais, que pasan do 5,3% ao 2,6 e a música infantil son os outros estilos no tamén se verifica un descenso acusado. Neste último caso é aÃnda máis curioso logo de tres anos de crecemento continuo. En 2017 só un 3.4% das inscricións son de música para crianzas, mentres o pasado ano chegaban ao 5,6% do total. Sobre esta cuestión, Fernando Abreu considera que “ao mellor isto reflicte o que acontece no propio sector. Houbo como unha explosión hai uns anos e agora semella que fican proxectos máis consolidados. Penso que é unha categorÃa que está a amosar moi ben o que está a pasar”.
No resto das categorÃas pódese verificar unha leve diminución case xeral. Malia a que as baixadas son leves, van consolidando unha tendencia descendente en Clásica/Contemporánea, Folque, Reggae/Ská/Mestizaxe e Orquestras/Músicas de Verbena. Semellan conter a súa baixada nesta edición Hip-Hop e Metal mentres o Jazz continúa a lenta ascensión que lle permitiu subir a súa presenza medio punto desde 2014 (logo da importante baixada que provocou a segregación da categorÃa de Blues). “A min persoalmente sorpréndeme a forza que ten unha categorÃa como é a de Metal. Eu preguntábame se era necesario separala do rock, pero aparecen proxectos con moita foza e bandas con solvencia, e sempre funciona ben”, explica Abreu. “A de mestizaxe, pola contra, semella que está a ser unha categorÃa difÃcil de comprender polos músicos. Moitos non se senten identificados con esta etiqueta”. En xeral, as tendencias semellan indicar unha lixeira perda de biodiversidade no ecosistema musical galego, coa consolidación crecente duns poucos xéneros fronte á mingua de intérpretes da maior parte deles.
Polarización
Por bloques sonoros, mantense e mesmo medra a dualidade de anos anteriores. O grupo do rock, a incorporar o metal, segue a agrupar un 20% das propostas. Pola súa banda o que podemos chamar “música de raÃz”, a integrar folk, tradicional e músicas do mundo, consegue, mercé ao crecemento desta última categorÃa, un 19,3% das inscricións, co que se agudiza a polarización entre as que se poden considerar as dúas grandes tendencias no panorama sonoro do paÃs. Para Abreu, estes datos poden responder “ao tipo de socios da asociación e mais ao que está a acontecer na música. Houbo unha época onde o que mandaba en Galicia era o folk e xurdÃan moitos proxectos neste ámbito. Agora as salas están a volver a programar pop e rock, e isto pode influÃr moito no dinamismo destes estilos. Tamén acontece que estamos a fallar á hora de falar das nosas propias músicas no sistema educativo, os alumnos de instituto non son conscientes da realidade musical do paÃs, e todo o que escoitan chégalles de fóra”.
Música urbana
Por cidades e vilas, as orixes dos grupos e solistas confirman de novo a preeminencia urbana do fenómeno musical no paÃs. Nesta ocasión, a cidade da Coruña lidera os inscritos, con 80 participantes, seguida por Vigo con 71. Compostela, con 55 propostas, amosa ser un territorio fértil a nivel musical, ao igual Pontevedra, de onde saen 23 proxectos a competición (aÃnda que estes son sete menos que no pasado ano). Fronte a elas, cidades maiores a esta última como son Lugo e Ourense só achegan 10 inscricións cada unha. O mesmo acontece con Ferrol, con só 7. Contrastan estes niveis coa vitalidade que presenta Redondela, localidade que segue á Cidade Departamental en participación con seis grupos a competir. Neste campo, é de destacar unha maior presenza de proxectos con orixes internacionais ou mixtos. A lugares xa presentes en anteriores xeiras dos premios, como Barcelona ou Madrid, súmanse outros como México, Rio de la Plata, Alpes-Rhone, Escocia ou Bruxelas.
Salas e festivais
A falar dos espazos para a música mantéñense as cifras de 17 salas e 24 festivais inscritos. Se debullamos os locais por provincias, a hexemonÃa atlántica increméntase, xa que A Coruña e Pontevedra achegan 15 das inscricións. Ao igual que no pasado ano, os datos por localidades debuxan un mapa repartido que relativiza o peso das urbes nos circuÃtos musicais, aÃnda que son A Coruña, Compostela e Vigo as únicas localidades que chegan a inscribir dous espazos cada unha.
De novo neste espazo detéctanse ausencias destacadas. Nomes como o Playa Club, La Fábrica de Chocolate, La Iguana ou a Sala Capitol non están presentes. No entanto, si que semella que a categorÃa consegue arraigo entre os novos proxectos, e unha recén chegada como a compostelá Riquela apostou por se candidatar.
Se facemos caso das inscricións no apartado de Festivais, Pontevedra afiánzase como a terra cun maior número de eventos deste tipo, xa que con 13 suma dúas citas ás do pasado ano e achega máis da metade á categorÃa. Neste caso A Coruña perde tres candidaturas e fica á par de Lugo con 4 inscricións, mentres Ourense só mete 2 citas na listaxe. De xeito curioso, na listaxe por localidades é Lugo a única que presenta dúas citas, mentres cada unha das demais propostas chega dun lugar diferente. Ao igual que nas salas, neste ámbito a pegada das cidades é ben inferior á de localidades máis pequenas, e percÃbese un certo interese entre as citas e os locais de pequeno e mediano tamaño por participar e aproveitar as posibilidades promoción dos premios, co SonRÃas Baixas e o PortAmérica como maiores eventos a competición. “Queda aÃnda moito traballo por facer” neste ámbito, recoñece Fernando Abreu. “Hai que se dar a coñecer moito máis nas salas. Teñen que ver que estar nos premios ou levalos consegue certa proxección. O mesmo acontece cos grandes festivais. Algúns teñen estado, e sei que hai casos en que faltan porque se lles pasa o prazo de inscrición. Pero teñen que sentir tamén que estes premios van ser representativos para eles”.
A entrada da CRTVG
En canto aos medios, se algo destaca esta edición é polo desembarco dos proxectos da Radio e da Televisión de Galicia nas candidaturas a mellores programas, a incluÃr clásicos como Luar canda ás propostas máis recentes como Onda Vital. Isto fai que a ata o de agora habitual ausencia de proxectos televisivos nesta categorÃa teña dado paso a unha representación que chega ao terzo, en igualdade coa radio. Do mesmo xeito, este interese dos medios públicos contribuÃu a incrementar o número de candidaturas que chega a 21 fronte ás 16 do pasado ano. Esta maior visibilidade de proxectos sobre música non tira que o sector en xeral manteña as súas reivindicacións dun maior espazo para a música galega na axenda comunicativa, e a propia escaseza de medios escritos nesta categorÃa reflicte en boa medida esa situación de carencia.
En xeral, segundo apunta o directivo de MAV, “vemos que hai xente que entende que os premios son un xeito de visualización moi importante. O web é unha boa mostra do que está a acontecer en Galicia. É moi cómodo para se facer unha idea do que hai, especialmente para un programador. Eu mesmo descubrÃn a través dos premios moitos proxectos que non sabÃa que existisen”. E engade un dato que non aparece reflectido directamente nas cifras de participación. “A min chamoume moito a atención a cantidade de xente que fai música en galego. Sorprendeume que a maior parte deles están en rock, cando eu pensaba que estarÃan vencellados ao folk ou a canción de autor”.