
A Sala de Graos da Facultade de FiloloxÃa da Universidade da Coruña acolle este mércores o IIIº Encontro da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. A xornada deste ano centrarase na dificultade da arquivÃstica nas artes escénicas. Baixo o tÃtulo 'A memoria do efémero: como arquivar a actividade escénica?' reuniranse diferentes expertos con perfÃs variados para amosar as súas experiencias e dificultades. Abrirá a xornada Vanesa Sotelo, dramaturga, en representación da ESAD- Galicia, cunha charla sobre os arquivos particulares. O programa inclúe tamén as achegas de Xulio Balado, de Viravolta TÃteres; Berta Muñóz Cáliz, do Centro de Documentación de las Artes escénicas y de la Música; MarÃa Joâo Monteiro e José Pedro Louro de Sousa, ambos do Centro de Estudos de Teatro da Universidade de Lisboa.