O CCG analiza a inserción da música e artes escénicas na nova ESO e Bacharelato

Convoca unha xornada para o mércores 25

16/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A posta en marcha dos novos plans da ESO e do Bacharelato no próximo curso 2015-2016 aconsellan establecer procedementos que favorezan a integración do ensino habitual co réximo especial de música e de danza, sempre co obxecto de favorecer a simultaneidade de ambos os estudos. A Sección de Música e Artes Escénicas, consciente da importancia do asunto, xa levara a cabo en 1999 unha xornada baixo o título de “O centro integrado de música”. As cuestións que agora se expoñen transcenden a dimensión do centro integrado cara a ter un punto de reflexión e proposta de accións diante dunha cuestión de máxima actualidade, sempre á vista do tratamento que se propón por parte das administracións educativas das ensinanzas artísticas no sistema educativo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bacharelato, ESO, Artes Escénicas, Danza...