O Gaiás acollerá un encontro sobre intercambio en Artes Escénicas

A iniciativa reunirá 50 profesionais do sector do ámbito da lusofonía

20/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Entre o 30 de novembro e o 2 de decembro, medio cento de profesionais das artes escénicas dos países da lusofonía reuniranse na Cidade da Cultura. O III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio en Artes Escénicas quere achegarlle aos participantes "un espazo de traballo para o intercambio de experiencias e o achegamento de posturas cara ao desenvolvemento de novos proxectos culturais", segundo explica a Consellaría de Cultura.

A situación das ensinanzas artísticas nos países participantes, a relación entre a empresa e a cultura ou a problemática do intercambio profesional no sector son algúns dos temas que se tratarán nas sesións do evento. A inscrición para participar no evento está aberta no web da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Lusofonía, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia