O sector presenta unha proposta de Lei para as Artes Escénicas

O anteproxecto prevé un Consello das Artes Escénicas e un Fondo Escénico Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Representantes do sector das artes escénicas do noso país presentaban esta mañá aos grupos políticos do Parlamento de Galicia o texto do Anteproxecto de Lei de Artes Escénicas de Galicia. Esta proposta lexislativa nace de meses de traballo de diferentes comisións con representación de asociacións e colectivos sectoriais, e pretende, segundo anuncian os seus promotores "definir o futuro do desenvolvemento desta actividade en Galicia". Entre outras cuestións, os 36 artigos do texto propoñen a creación dun Consello das Artes Escénicas, a posta en marcha dun Plan de fomento e dinamización da recepción escénica e o desenvolvemento Fondo Escénico Galego con dotación económica, así como o establecemento de convenios de internacionalización das artes escénicas, a atender especialmente á lusofonía, a cultura celta e a Galicia Exterior.

O proxecto ten entre os seus boxectivos "a consolidación e mellora do sistema escénico, garantir e facilitar as condicións de acceso ás artes escénicas de toda a poboación e promover a normalización e desenvolvemento das artes escénicas en todos os eidos da vida en sociedade" ou "mellorar as condicións de traballo da profesión escénica". Nesta liña fixa criterios para a distribución das axudas á promoción do sector e especifica programas de formación e innovación.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Asociacións, Lusofonía, Celta...