Cantareiras nas orixes da pintura costumista

Francisco Díaz-Fierros amosa unha das primeiras representacións das cantareiras galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Cantareiras nas orixes da pintura costumista

O pintor asturiano Dionisio Fierros acudiu a Galicia desde Madrid en 1855 para atender os encargos de retratos da burguesía galega, pero en realidade tiña un propósito artístico máis ambicioso: representar por primeira vez, en grandes óleos, os costumes de Galicia. Con el nacería a pintura costumista, na que se representa o pobo galego nos escenarios habituais destas pinturas: romarías, capelas, fontes, festas. Os cadros de Fierros destacaron pola dignidade e empatía coa que transmitía a imaxe dos retratados. Co gallo das celebracións do Día das Letras, o antigo catedrático da USC Francisco Díaz-Fierros publicou un artigo no web da Academia no que presenta un bo bosquexo dun cadro hoxe en paradoiro descoñecido: De ruada. Nel obsérvase a tres persoas cantando, dúas rapazas e un home. Unha das rapazas leva a man á orella para facer campá, na típica actitude de alguén que canta. Díaz Fierros pregúntase: "é a primeira representación gráfica dunhas cantareiras?". O certo é que ata ese momento era máis frecuente a representación do que se coñecían como 'tipos populares' en actitude de baile ou simplemente como maniquíes das vestimentas típicas.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As fronteiras libres da cultura

As fronteiras libres da cultura

A concesión das medallas do CCG a Francisco Díaz Fierros e Kathleen March celebran os espazos de encontro da cultura coas ciencias e os países de fala inglesa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Díaz-Fierros, USC, Madrid

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares