
Segundo explica a AELG, o Equipo Chaira comezou a súa andaina en 1992, hai máis de trinta anos. Os integrantes, entón persoal adscrito ao Museo Provincial de Lugo, Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba e Antonio Reigosa, comezaron a súa actividade co obxectivo de facer un inventario exhaustivo, o máis completo posÃbel da literatura de tradición oral dos concellos da Terra Cha. Recolleron inxentes testemuños das 68 parroquias dos concellos de AbadÃn, Begonte e Vilalba. O resultado daquelas campañas foron moitas horas de gravacións en cintas magnetofónicas, horas dedicadas ás transcricións que arquivamos e numerosos textos dos que chegamos a publicar unha pequena parte baixo o tÃtulo Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de AbadÃn en 2004. Máis aló do proxecto Terra Cha, o Equipo Chaira seguiu o seu camiño realizando traballos de campo en varios lugares da provincia de Lugo, como é o caso do feito, este tamén intensivo, no concello da Pontenova a partir de 1996, e outros con menor alcance xeográfico en Candelos, Arroxo, na Fonsagrada, e varias sesións na Casa da Fonte de Esmeriz, en Chantada. O resultado do recompilado no concello da Pontenova editouno o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo en 1998, e reeditouno en 2004, co tÃtulo Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances.
Unha vida de coplas
No caso da homenaxeada MarÃa FraÃz Canaval (MarÃa da Vrea), de noventa e dous anos, centos de coplas, cancións, adiviñas ou trabalinguas que superan o milleiro adornan o seu percorrido vital. Veciña natural da parroquia de Folgoso (Cerdedo, Ourense), naceu na casa da Vrea e lugar de Covas o 3 de agosto de 1933 sendo a máis nova de catro irmáns. MarÃa foi un case nada á escola, porén soletreou dende cativa un moito do catecismo do labrego, é dicir, da vida suxeita e sacrificada do agro. O migallo que asistiu á escola rendeulle ben, pois, amais da lectura, da escritura e dos rudimentos matemáticos, boa parte do seu repertorio en castelán (romances, cancións, oracións...) deprendeuno na unitaria de Folgoso (escola mixta con tabique segregador), ao coidado da mestra Manuela Cachafeiro.