Outubro é un mes de oralidade na cidade de Lugo. Como xa é habitual, a Sección de Literatura Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concentra neste mes e na Cidade da Muralla boa parte das súas actividades anuais. Entre elas, destaca a Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2021, que se celebrará o día 29 no Vello Cárcere e recoñecerá o labor de Teresa dos Cucos e de Aurelio Ramos Ogando na transmisión do noso patrimonio tradicional.
No caso de Teresa dos Cucos valorouse o seu papel como gardiá e transmisora de formas do canto tradicional, que xa fora reivindicada por Mercedes Peón, Xurxo Souto, Sés, Xabier Díaz ou as Tanxugueiras. "Todas elas teñen pasado pola súa casa da Pontella para aprenderen coplas, letras de pezas tradicionais nunca manuscritas, que Teresa conserva intactas na súa memoria e non dubida en cantar", explica a AELG.
Pola súa banda, Aurelio Ramos é galardoado polo seu papel na conservación da memoria da parroquia de Xirazga, en Beariz. Segundo sinala o fallo dos premios, Ramos "dá fe a través das súas narracións dos lugares onde os mouros deixaron as súas marcas e tesouros nos montes de Xirazga e arredores e sería quen de falar con eles coma un outro. Conserva a memoria intacta e conta de xeito sublime as historias e aventuras da xente da parroquia, dos que xa non están pero non se esquecen".
No día a seguir, o 30 de outubro, a Sección celebra a XIV xeira da súa Xornada de Literatura de Tradición Oral, desta volta co lema O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral. O programa conta con palestras e debates a cargo de Ana Carreira, Federico Martín Nebras, Lidia Mariño, Antonio Reigosa e Benxa Otero, que desenvolverá unha "sesión práctica" titulada De medos, maxias, músicas e beleza. O prazo de inscrición á xornada, que se desenvolverá no Salón de Actos da sede da Deputación Provincial, está aberto.
De xeito previo, o día 6, o Vello Cárcere acollerá unha nova edición de Letra das Festas. San Froilán 2021 (Revista oral do San Froilán). O encontro abordará desta volta a "memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica" co lema San Froilán En-foco e consistirá na proxección comentada de antigas imaxes desta celebración. O acto contará coa presenza de Pepe Álvez, Óscar Cela, Eduardo Ochoa, Adra Pallón, Bego Pérez, César Quijada e Aída Soengas, acompañados da ambientación musical de Luís Monsalve.