Entre o 26 e o 28 de outubro a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está de celebración. O día 27 o Vello Cárcere de Lugo acolle a VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, uns galardóns que recoñeceron nesta xeira a Mercedes Vázquez Saavedra e Xan de Vilar. Na véspera, a entidade celebra un Faladoiro en Homenaxe a Dorothé Schubarth e o 28 desenvólvese a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral, dedicada nesta xeira á cuestión "Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción".
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria comezará ás seis tarde e servirá para homenaxear as dúas persoas galardoadas este ano con este recoñecemento polo seu traballo neste ámbito "ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular", segundo a AELG.
De xeito máis concreto, Mercedes Vázquez Saavedra desenvolveu un intenso labor de documentación dos entroidos tradicionais galegos e do norte de Portugal. A súa actividade fotográfica permitiulle rexistrar máscaras e ritos desde hai máis de trinta anos, a constituír un importantísimo legado sobre este patrimonio. Pola súa banda, Xan de Vilar fíxose coñecido polo museo etnográfico que montou na súa casa da aldea de Vilar, no Courel. Alí conservaba unha importante colección de instrumentos musicais e útiles tradicionais que resultou destruída polos lumes que en 2022 afectaron a esta localidade.
Un grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, foi o responsable da selección de homenaxeados. O acto de entrega, conducido por Lois Pérez, contará con intervencións de Cesáreo Sánchez Iglesias, Espín de Doncos, quen lerá a laudatio de Xan de Vilar, e Aser Álvarez, quen lerá a de Mercedes Vázquez.
Dentro das actividades destes premios, a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG organiza un Faladoiro de Homenaxe a Dorothé Schubarth. O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollerá esta actividade o día 26 na que intervirán Branca Villares, Richi Casás e Sergio de la Ossa, a analizar a importancia do traballo desta investigadora na música tradicional do país. O encontro finalizará cunha actuación musical a cargo de Germán Díaz.
A fechar as actividades, o sábado 28 celebrarase a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Co título "Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción". O encontro contará con intervencións de artistas como María Xosé Silvar "Sés" e O Leo de Matamá que falarán sobre a súa experiencia creativa en cadansúa conferencia e nunha mesa redonda. Marta Veiga Izaguirre abordará a cuestión "Un país no palco: a nova verbena galega" mentres Nuno Pico (Grande Amore) falará sobre "Cantar a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade (na medida do posible)", para logo intercambiar puntos de vista nunha segunda mesa. O encontro fechará coa intervención de Alba María " Erre que Erre: da Regueifa ao Rap".