
O proxecto, que conta cun total de dez entregas, achegará cada mes un novo episodio no que se abordarán as particularidades da tradición sonora das distintas comarcas da provincia de Lugo.
Coas entrevistas como base, o podcast contará con colaboracións de investigadoras, intérpretes, representantes do tecido asociativo ou escritoras e incluirá tamén episodios especiais sobre figuras destacadas.
A primeira das entregas xa dispoñibles do proxecto está dedicada a Concha Casal Eiriz, Concha de Agrade, veciña desa parroquia chantadina que foi unha das informantes de Dorothé Shubarth para a elaboración do Cancioneiro Popular Galego. Ademais dos capÃtulos xenéricos, a canle do proxecto publica tamén anacos das intervencións presentes nos distintos episodios.