A RAG lanza a serie documental Xela Arias. A palabra esgazada

A entidade presentou a súa programación audiovisual para o Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
A RAG lanza a serie documental Xela Arias. A palabra esgazada

A Real Academia Galega presentaba na mañá deste 5 de abril a primeira serie documental producida pola institución sobre unha figura á que a se lle dedica o Día das Letras. Xela Arias. A palabra esgazada é unha serie de seis audiovisuais con guións de María Yáñez que percorren "a traxectoria vital e as distintas facianas da autora como creadora e traballadora da cultura galega, e profunda tamén no seu legado entre as novas xeracións de poetas", segundo explica a institución. O primeiro episodio, xa dispoñible na rede, aborda as orixes da autora e os seguintes estrearanse cada martes ata a semana previa ás Letras Galegas.

Dentro das propostas audiovisuais da RAG para esta conmemoración inclúese tamén a serie Onde canta a poeta na que diferentes persoas que coñeceron a autora falan sobre ela ou recitan poemas da súa autoría. Estes microespazos audiovisuais, realizados por Miramemira, publicaranse na rede cada día, entre mércores e luns ata o vindeiro 16 de maio.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Documental, María Yáñez, Real Academia Galega...