Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda é o tÃtulo da serie documental que a Real Academia Galega lle dedica ao homenaxeado no DÃa das Letras deste 2022. O proxecto publicaba este sete de abril na rede o seu episodio de presentación, co tÃtulo Meu Córgomo de Valdeorras. Ata o vindeiro dÃa das letras estrearase cada xoves nas redes un dos cinco episodios con que conta este proxecto, ata un total de cinco.
A serie foi desenvolvida pola produtora Miramemira e a guionista MarÃa Yáñez, que xa asinaran en 2021 a serie Xela Arias. A palabra esgazada, finalista nos XX Premios Mestre Mateo na categorÃa de mellor serie web. O proxecto conta co apoio económico da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Segundo explicou Yáñez, "os cinco capÃtulos trazan un percorrido pola traxectoria de Florencio Delgado Gurriarán deténdose nos diversos aspectos que compoñen o seu perfil, marcado polas inquedanzas literarias, lingüÃsticas e polÃticas, e mais por un forte amor a Galicia, de maneira especial, por Valdeorras, a terra que o viu nacer no ano 1903".
A primeira das entregas, xa na rede, céntrase na faciana máis persoal de Florencio e na súa relación particular coa súa vila natal, Córgomo.