As partes aínda non escavadas de Aquis Querquernnis saen á luz

Un estudo revela a "excepcionalidade" do forte para a detección de estruturas subterráneas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Interpretación da parte non escavada de Aquis Querquernnis.

Interpretación da parte non escavada de Aquis Querquernnis.

Un equipo de arqueólogos portugueses e españois encabezados por Tiago do Pereiro publicaron no novo número da revista científica Remote sensing as conclusións dunha prospección feita con xeorradar e magnetómetro no forte romano de Aquis Querquernnis (Bande). Os resultados, visualmente espectaculares, revelaron a "excepcionalidade" do xacemento para amosar as estruturas e alteracións do subsolo que permiten localizar tanto estruturas arqueolóxicas como restos de material ou actividade, como fornos ou fogueiras. A combinación de resultados permitiron localizar catro novos barracóns de vivendas para os militares, xunto cun edificio rectangular de pranta basilical, con cinco filas de pilastras, para o que os investigadores manexan diferentes hipóteses: desde establos da cabaleiría, almacén, zona fabril ou unha estrutura para reter reféns ou prisioneiros. Para os arqueólogos, "as condicións de preservación do sitio son excepcionais desde o punto de vista da detectabilidade de estruturas con métodos non invasivos". Os datos suxiren que tralo abandono do recinto, no século II d.C., a pedra das estruturas visibles foron desmanteladas pola veciñanza para o seu uso noutros lugares.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bande

Claves

Lugares