Sen Senra remata a súa triloxía íntima e identitaria

O músico presenta 'PO2054AZ (Vol.III)' coma fin dunha viaxe de ida e volta

  • A disco por ano, desde 2023, Sen Senra remata hoxe a súa triloxía íntima coa publicación de 'PO2054AZ (Vol.III)' (Sonido Muchacho (Universal Musica), o álbum de finalización dun proxecto profundo, moi persoal e conectado coas raíces deste arti...

Calixto Bieito abrirá a Temporada Lírica da Coruña con Carmen

O programa da 73ª edición inclúe tamén óperas de Mozart e Debussy

  • A Asociación Amigos de la Ópera da Coruña presentou a súa 73ª Temporada Lírica que, como é habitual, comezará o vindeiro mes de setembro. A primeira gran cita do programa será a ópera Carmen, que se representará os días 5 e 7 de setembro ...

O CDG levará ás táboas a Neira Vilas e Shakespeare

Abre a convocatoria de intérpretes para 'Memorias de un neno labrego' e Hamlet

  • O relato 'Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e Hamlet, de William Shakespeare, serán as producións centrais do Centro Dramático Galego para a próxima temporada 2025-2026, na que porá o foco nos clásicos tanto galegos como universa...

A RAG explora a invención contemporánea da tradición

Celebrarase unha xornada en Lugo o 4 e outra en Vigo o día 11 de xuño

  • Coa chegada do verán Galicia vive unha sucesión de festas de recreación histórica que en moitos casos suman xa varias décadas de celebración. A densidade de significados e visións sobre a Historia que nos revelan estas festas di moitos do que ...

Frescura e experiencia nos Premios Martín Códax

O sector musical recoñece aos mellores proxectos musicais en vinte categorías

  • Os Premios Martín Códax da Música de Galicia atoparon gañadores un ano máis entre o aplauso de todo o sector no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta 12ª edición dos galardóns convocados por Músicas ao Vivo repartiu os seus vinte recoñecement...

O Equipo Chaira e a nonaxenaria María da Vrea levan os premios Mestre e Mestra da Memoria 2025

Recoñecen a traxectoria e labor persoal ou grupal a favor da preservación da literatura de tradición oral

  • A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) vén de elixir a través do grupo de traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral as persoas distinguidas cos premios Mestre e Mestra da Memoria 2025, que veñen recoñecer a t...

Elba Pedrosa e Cátia Cardoso fanse cos premios de poesía Ari(t)mar

Mondra e o dúo conformado por Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa obtiveron o galardón en música

  • Os premios Ari(t)mar Galiza e Portugal, que promove a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, teñen xa gañadores na súa edición 2025. Este 22 de maio dábase a coñecer o fallo na categoría de mellor poema do ano que obtivo Elba Ped...

A arte na busca dunha empatía global

A expandida Bienal de Pontevedra centra a súa espectacular programación nos conflitos bélicos e a busca da esperanza

  • A Bienal de Arte de Pontevedra volve tras quince anos de ausencia coa intención de ser "a máis global da historia". Entre o 21 de xuño e o 30 de setembro regresa coa súa edición número 32, que leva o empático lema "Volver a ser humanos. Ante a...

Cantareiras nas orixes da pintura costumista

Francisco Díaz-Fierros amosa unha das primeiras representacións das cantareiras galegas

  • O pintor asturiano Dionisio Fierros acudiu a Galicia desde Madrid en 1855 para atender os encargos de retratos da burguesía galega, pero en realidade tiña un propósito artístico máis ambicioso: representar por primeira vez, en grandes óleos, os...

Falece o músico Emilio Cao

O arpista foi unha figura clave para entender a evolución da música galega desde a transición

  • Un novo golpe para a escena musical galega ven de chegar este luns co anuncio do falecemento de Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1953). O artista, unha figura esencial para entender a música en Galicia desde a transición, falecía onte na súa c...

A curta 'Curmán' acada catro galardóns en Cans

A obras de debut copan case todo o palmarés desta XXIIª edición do festival porriñés

  • O Festival de Cans pechou a súa XXIIª edición repartindo o seu palmarés nas diversas seccións de competición oficial e tras realizar as súas homenaxes a realizadores como Alfonso Zarauza e Daniel Sánchez Arévalo. A curta 'Curmán' foi elixid...

O Consello da Cultura celebra un encontro na Fonsagrada sobre o baile tradicional galego

As III Xornadas etnográficas da Mariña abordarán tamén a música, o baile e o traxe tradicional

  • Pasado o Día das Letras dedicado ás cantareiras, continúa a actividade arredor do patrimonio da música e do baile tradicionais. Este mesmo 23 de maio o Consello da Cultura Galega celebra na Fonsagrada o encontro Comunidades e o patrimonio cultura...

Conmoción pola inesperada morte de Piti Sanz

O músico falecía aos 58 anos de idade tras unha traxectoria prolífica no eido do teatro e o audiovisual

  • A mañá deste venres trouxo unha triste noticia avanzada por El Correo Gallego que conmocionou ao sector cultural ata o punto de facerse dura de crer: a morte do músico Piti Sanz aos 58 anos de idade. O seu nome era Vicente Luís Sanz Muñoz (Huelv...

Chega aos cines 'Antes de nós'

O filme sobre Castelao tivo onte a súa preestrea na Coruña e esta semana estará en once localidades galegas

  • Despois de ter a súa preestrea onte na Coruña, 'Antes de nós', o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, produción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta (Gijón, 1974) chegará este venres 23 ás salas de cine. Nesta pr...

Iván Caloto imponse no VIII Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

O autor recibirá 2.000 euros e verá a súa obra publicada pola editorial Galaxia

  • A oitava xeira do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño que convoca a Editorial Galaxia ten xa gañador. Iván Caloto foi declarado este 22 de maio vencedor do certame co texto Os rapaces só se tocan para darse de hostias . O autor recibir...

O panorama musical diversifícase

O Premios Martín Códax revelan o maior peso do tradicional fronte ao folk e a consolidación das músicas urbanas

  • Con cifras de participación en aumento, as candidaturas dos XII Premios Martín Códax da Música revelan un panorama sonoro galego no que medra a diversidade. Tradicional, jazz e blues, orquestras de verbena, electrónica e músicas urbanas debilit...

A Panadaría teatro anuncia a súa disolución

A compañía creada en 2013 acumulou premios con 'Elisa e Marcela' e 'As que limpan'

  • Por medio dun comunicado publicado nas súas redes sociais a compañía teatral A Panadaria ven de anunciar a súa vindeira desparición. Cunha obra aínda en activo, a recoñecida 'As que limpan', a compañía estará aínda nos escenarios ata final...

O retorno do máxico explora a maxia das fragas desde a arte contemporánea

A exposición pode verse no compostelán Pazo de Fonseca ata o vindeiro 28 de xuño

  • O Pazo de Fonseca, en Santiago, acolle ata o vindeiro 28 de xuño a exposición O retorno do máxico . Paula Cabaleiro comisaría este proxecto da Universidade de Santiago que conta con obras das madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e mais d...

BDra Gráfica homenaxea a Rubén Pellejero na súa III edición

O encontro de novena arte celébrase en Pontevedra entre os días 22 e 25 de maio

  • A terceira edición de BDra Gráfica, o festival de banda deseñada de Pontevedra, bota a andar o vindeiro 22 de maio co español Rubén Pellejero como autor homenaxeado. O encontro, que se desenvolve ata o día 25, abordará nunha exposición o proc...

Novas publicacións celebran as cantareiras polo Día das Letras

Unha campaña da Asociación Puntogal busca agradecer o labor das homenaxeadas este 17 de maio

  • Á beira do 17 de maio, novas publicacións se suman ás homenaxes que reciben as cantareiras polo Día das Letras. Tres libros e unha campaña de difusión afondan no recoñecemento ás mulleres que transmitiron a nosa tradición oral. Canta ti, can...