Canda a Pellejero, que recollerá o premio o evento, o festival contará coa presenza de Aldara Prado, Javi RodrÃguez, Javi Rey, Paula Mayor, Jaime MartÃn, Alicia Jaraba, Miguelanxo Prado e Teresa Valero, que participarán en diferentes seccións de sinaturas e encontros co público. No apartado dedicado ao ámbito profesional, Miguelanxo Prado falará sobre a valoración de proxectos artÃsticos para editoriais e Alicia Jaraba explicará o proceso polo que conseguiu levar a súa idea de álbum Soy la Malinche a ser publicado en Francia. Como novidade, dentro deste apartado realizarase unha revisión de proxectos de BD da man de representantes de diferentes editoras presentes no evento.
Unha exposición de orixinais históricos da novena arte a partir dos fondos do coleccionista Jaume Vaquer, unha mostra dedicada á obra Contrapaso de Teresa Valero ou outra dedicada á novela gráfica A miña outra vida de Miguel Rojo Fan tamén parte do programa. A sección de mostras conta tamén cunha exposición ao aire libre que repasa o proceso creativos dos diferentes autores convidados e outra que repasa o traballo de Angie Roa en Noa e a cidade sen maxia, traballo gañador do VI Premio de BD O Garaxe Hermético.
A carpa central do festival, na Praza da FerrerÃa, acollerá postos de 25 editoras e librarÃas dedicadas á BD que contarán tamén cun espazo no programa para presentar as súas novidades. Na sección CineBD poderán verse os filmes Mafalda, Corto Maltés. A corte secreta dos arcanos e mais Morte dun ciclista.