Toda a compañía e o oleneco de 'Elisa e Marcela' recollendo o Prmeio Maria Casares a mellor espectáculo en 2018
Por medio dun comunicado publicado nas súas redes sociais a compañía teatral A Panadaria ven de anunciar a súa vindeira desparición. Cunha obra aínda en activo, a recoñecida 'As que limpan', a compañía estará aínda nos escenarios ata final de ano cando se dará por concluída a súa actividade. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman asinan este comunicado pódese ler íntegro máis abaixo) no que lembran con agradecemento o seu percorrido desde que en 2012 montaron A Panadaría e afirman que a súa decisión foi madurada. "As panadeiras levamos un tempo reflexionando o que queremos do proxecto e, logo de escoitarnos con tempo e calma, pensamos que o mellor é disolver a compañía e abrirnos a outras sendas vitais e creativas", explican.



