
Segundo sinala a presentación da iniciativa "este proxecto multidisciplinar, que transita fotografÃa, pintura, vÃdeo, instalación e son, adéntrase dende a arte, a experiencia e a natureza no universo das meigas, do patrimonio botánico e da tradición galega, no imaxinario das lendas e das supersticións, nos saberes populares que tan firmes alicerces teñen construÃdo na cultura senlleira do noso paÃs".
Os tres creadores "conciben a través das súas creacións mundos máxicos, cheos de simbolismo e ambigüidade, atmosferas de ensoñación e simulacro que transitan entre o real e o ficticio, reivindicando o valor da sabedorÃa popular e da natureza, a raÃz da identidade cultural galega, o papel das 'bruxas' e dos relatos que se tecen nas marxes do discurso sistémico". A instalación pode visitarse de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.