Os premios Ari(t)mar Galiza e Portugal, que promove a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, teñen xa gañadores na súa edición 2025. Este 22 de maio dábase a coñecer o fallo na categorÃa de mellor poema do ano que obtivo Elba Pedrosa pola banda galega, con Onde imos agora, e Cátia Cardoso, por não sei voar mas tenho, entre as composicións portuguesas. Máis de 2.000 votos do público seleccionaron as propostas gañadoras nestas categorÃas.
Estes galardóns súmanse aos do apartado musical, que se deran a coñecer no pasado mes de marzo. Mondra, co seu tema Quererse ben, impúxose na competición pola mellor canción galega. Da banda portuguesa, os gañadores foron Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa por Amor de Ferro. Un total de 6.000 votos seleccionaron os traballos vencedores nestes apartados.
Finalmente, o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2025 foi para o MunicÃpio de Braga, "en recoñecemento á súa destacada traxectoria de promoción do diálogo cultural entre Galiza e Portugal e de fortalecemento dos vÃnculos dentro do espazo común da lusofonÃa". O premio destaca cada ano "a contribución de persoas, entidades ou institucións que traballan activamente por aproximar a Galiza do mundo lusófono e viceversa, defendendo a cultura e a lingua como elementos de unión e identidade partillada".
As propostas gañadoras recibirán os seus premios na gala aRi[t]mar 2025, que se celebrará en outubro en Santiago de Compostela.