Sen Senra remata a súa triloxía íntima e identitaria

O músico presenta 'PO2054AZ (Vol.III)' coma fin dunha viaxe de ida e volta

O músico presenta 'PO2054AZ (Vol.III)' coma fin dunha viaxe de ida e volta
PO2054AZ (Vol.III)
PO2054AZ (Vol.III)
A disco por ano, desde 2023, Sen Senra remata hoxe a súa triloxía íntima coa publicación de 'PO2054AZ (Vol.III)' (Sonido Muchacho (Universal Musica), o álbum de finalización dun proxecto profundo, moi persoal e conectado coas raíces deste artista de San Miguel de Presqueiras, (Forcarei), que colleu a matrícula do Peugeot 205 do seu pai onde coloca as súas primeiras lembranzas relacionadas coa música. Se o primeiro disco enfocábase como 'A Orixe' e o segundo como 'O emigrante', neste a intención indica a 'O Retorno', pechando a viaxe. Catorce novas pistas inclúe este terceiro volume, completando o sólido relato que leva dous anos dándonos Christian Senra. Como xa facía no segundo volume, abre o disco con mensaxes familiares deixados nos seu móbil, que nos conectan directamente coas súas orixes, co cariño e coa parte máis cálida da familia, pero tamén coas distancias e coa nostalxia.




'La Belleza', 'Padiante' (cantada en galego) e 'Hasta el Fondo', foron os temas de avanzada que xa puidemos escoitar estes meses, proporcionándonos as sonoridades que vemos que cruzan todo o disco. Neste terceiro volume, o artista preséntase máis só, sen as numerosas colaboracións que tiña o Volumen II, en formatos máis acústicos ao longo do álbum, aínda que non por iso simples. Un suplemento de intimidade e achegamento para a fin desta viaxe. É de supoñer nun artista como este, que deixa desde anos as cousas claras respecto á súa identidade e onde quere estar creativamente, que o peche desta triloxía supoña unha inflexión e vexamos un Sen Senra post- PO2054AZ no futuro, que de seguro non ha decepcionar coa súa proposta. Polo de agora toca gozar desta viaxe con el. Coma os anteriores, o novo disco está dispoñible en formato vinilo, CD e en cinta de cassette. Sen Senra estará en directo o vindeiro 31 de xullo en Bueu, dentro do festival Son Rías Baixas. A fin de xira propia e peche en directo desta triloxía baixo o título de 'La última misa', terá lugar no Coliseum da Coruña o vindeiro 12 de decembro, un evento para o que xa están á venda as entradas.