Christian Senra, coñecido artisticamente como Sen Senra, é a única representación da escena musical galega entre os finalistas das 23 categorÃas do Premios Odeón de música. O vigués, que xa conseguiu destacar na prensa especializada en 2019 co seu disco Sensaciones(Sonido Muchacho) consegue grazas aos temas que foi presentando en 2020, co seu són de pop alternativo, synth-pop e trap, compartir posición finalista na categorÃa de Artista Odeón Alternativo con nomes tan coñecidos como Carlos Sadness, Vetusta Morla ou Fuel Fandango, entre outros. Esta é a segunda edición deste premios impulsados pola industria discográfica española a través de AGEDI, a entidade de xestión de dereitos dos produtores fonográficos. O vindeiro 10 de marzo coñeceranse os gañadores nunha cerimonia en liña. Os premios decÃdense a través do consumo da música por parte do público en plataformas dixitais e coas vendas en formato fÃsico e contando coa opibnión de expertos do sector, tanto de compañÃas asociadas de AGEDI coma de representantes da asociación de produtores cataláns (APECAT), promotores musicais agrupados en APM, os representantes de ARTE e a Federación de la Música de España (ES_ MÚSICA).