As Tanxugueiras reciben o Premio Odeón da AGEDI

A cuarta edición dos galardóns recoñéceas na categoría de Artista Revelación Alternativo do 2022

27/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Apenas uns días despois de coñecer como o trío Tanxugueiras amosaban unha importante presenza entre os finalistas as Premios MIN, as galegas engaden un novo recoñecemento ao seu gran ano 2022 coa súa designación como gañadoras do galardón a Artista Revelación Alternativo de 2022, na cuarta edición dos Premios Odeón. Estes galardóns outorgados desde a Asociación de Gestión de Derechos Intelectuales (AGEDI) premian en 24 categorías a música gravada o pasado ano, co cal o premio ás Tanxugueiras chega polo seu álbum "Diluvio" (Calaverita records). As galegas xa recibiron a escultura que se outorga co premio e que amosaron en redes sociais. O vindeiro 17 de maio coñeceranse os premios Min, nos que son finalistas en sete categorías.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tanxugueiras

Claves

Entidades