O nome das Tanxugueiras é o que máis se repite entre as candidaturas finalistas da XVª edición dos Premios de la Música Independiente, organizados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI) de ámbito estatal. As galegas poñen a guinda con estes recoñecementos ao seu gran ano 2022 culminado coa saída do disco Diluvio (Calaverita Records) triunfan como grupo con máis nominacións, sete en total, nas categorías 'The Orchard a Álbum del Año'; 'Sympathy for the Lawyer a Mejor Videoclip'; 'SAE Spain a Producción Musical'; 'Mejor Letra Original'; 'Ticketmaster a Mejor Directo'; 'Álbum Música de Raíz' e 'Álbum Gallego', Nestas dúas últimas comparte postos finalistas con outros artistas da nosa terra, Uxía e Javier Ruíbal no caso da Música de Raíz e na lista de finalistas a mellor álbum en galego o trío competirá con Familia Caamagno ( 'O mundo está derrotaqdo'), Lamontagne & Pico Amperio ('Algo que sinalar'), Abe Rábade e Antía Muíño. Estes dous últimos tamén figuran entre os artistas que aspiran a levar o premio a mellor disco de jazz do 2022, grazas ao Botánica (Nuba records) de Rábade e a 'Carta aberta' (Raso estudio) no caso de Antía Muíño.
Todos os artistas galegos que este ano aparecen entre os finalistas teñen en común o uso da lingua galega e a gala de entrega destes XV Premios Min celebrarase en Palma de Mallorca o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas na nosa comunidade. Alí poderemos coñecer cantos destes premios levan as que este ano foron as máximas representantes da música cantada en galego, así como resto destes artistas da nosa terra que compiten entre os cinco finalistas de cada categoría. No caso das Tanxugueiras estes postos recoñecen por un lado ao conxunto do seu disco Diluvio; ao videoclip do tema Averno, que comparten con Rayden; á letra orixinal do tema 'Pano corado'; á produción levada a cabo no disco polas propias Tanxugueiras xunto con Iago Pico e ao conxunto dos seus directos por todo o Estado na Xira Midas.