O quinteto de Catoira, Néboa, ven de acadar co seu primeiro disco longo publicado - A realidade enganosa (Raso, 2020)- o Premio Mejor álbum en Gallego da XIIIª edición dos Premios MIN, da música independente española, organizados pola Unión Fonográfica Independiente. Onte celebrouse en Burgos a gala na que se daban a coñecer os nomes dos artistas e traballos gañadores nas 19 categorías destes galardóns. A outra alegría para a escena musical galega nesta gala foi o triunfo de Triángulo de Amor Bizarro co seu traballo de nome inverso oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow, 2020) polo cal recibiron dous dos catro premios aos que optaban: o importante Premio The Orchard ao 'Álbum del año' e o Premio SAE Institute a 'Mejor Producción'.
A realidade enganosa é o primeiro álbum dos catoirenses Néboa. O quinteto formado por Aloia López Ferro, Jacobo García Lafuente, Tomás Porteiro Abuín, Sandra Pérez Míguez e Lucas M. Suárez de Centi afonda na aposta por unha fusión sen límites logo de varios EPs e singles. Indietrónica, música tradicional galega, poesía elíptica, jazz de vodevil, pop alternativo, canción de autor e pop internacionalista son influencias que a banda reivindica na presentación do seu traballo. Brais Ruibal, Hevi e Lucas de Centi correron coa produción duns temas que se gravaron entre o Náutico de San Vicente, o Laboratorio Soyz de Trazo e a propia casa de Ruibal.
TAB volven triunfar do dereito e do revés
Catro anos despois do aclamado Salve discordia (Mushroom Pillow, 2016), co que TAB chegaron a acadar ata catro galardóns nos Premios Min alén doutros recoñecementos, a banda barbanzá volve agora triunfar na gala co seu quinto disco de nome inverso oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow, 2020). Un traballo con 12 temas redondos econ grandes diferenzas cos anteriores ainda que mantendo unha coherencia en común, nos que levaron o seu particular son a percorrer melodías pop, electrónica, rock indie, industrial e o shoegaze que é marca da casa. Os dous premios recoñecen a feitura técnica da impecable produción do disco e o conxunto do traballo a través do Premio ao Álbum do ano.