Con máis de once mil votos recollidos a través do sitio web de Radio 3 RNE, catro mil máis que o seguinte competidor na lista final, os Igloo recollerán o Premio Especial do Público por La transición de fase (Ernie records, 2009) na segunda edición dos Premios de la Música Independiente convocados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI). A falta de coñecer o resultado das votacións no resto das categorÃas , que non se desvelará ata a gala de entrega de premios a primeiros de xullo, Igloo é única proposta musical de Galicia que xa conta cun dos galardóns. Nuns resultados parciais feitos públicos o pasado 9 de xuño o álbum Piano Solo de Abe Rábade apuntábase como gañador na categorÃa de Mellor álbum de Jazz na que competÃa, entre outros, co disco Soños e delirios de LucÃa MartÃnez Cuarteto. A presenza de artistas galegos nos finalistas completábase con Los Reyes del K.O. e Tradicción (Falcatruada, 2009) de Nova Galega de Danza.