Cinco bandas galegas optan aos Premios da Música Independente

Igloo encabeza as votacións ao Premio Especial do Público

3/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ata o vindeiro 15 de xuño está aberto o prazo de votación para os Premios da Música Independente, que organiza a Unión Fonográfica Independente. A música galega está representada nesta edición por cinco grupos, entre os que destaca Igloo, que con La transición de fase encabeza polo de agora as votacións no premio do público. Canda a eles Los Reyes del K.O. están como finalistas na categoría de Mellor Álbum de Música Urbana, mentres Abe Rábade, con Piano solo, e Lucía Martínez Cuarteto, con Soños e delirios compiten para ser o Mellor Álbum de Jazz. Pola súa banda, Nova Galega de Danza aspira, con Tradicción ao galardón de Mellor Álbum de Músicas do Mundo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igloo, Abe Rábade, Jazz, Danza...

Claves

Protagonistas
Conceptos